Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio14 | Resultados    


A faceta europea do Centro: o proxecto e-MINDER

O proxecto europeo e-MINDER, no que participa o Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia, chegou ó seu remate en setembro. Despois de meses de intenso traballo, os resultados cadados nas tres rexións participantes no proxecto (Galicia, Chipre e Pomerania -Polonia-) cumpriron as expectativas iniciais.

O proxecto e-MINDER, que tiña como obxectivo crear unha rede de centros de comercio electrónico en Europa, chega ó seu remate. Dende setembro do 2001 e ata setembro deste ano, este proxecto IST do V Programa Marco da UE vén traballando na promoción do comercio-e e as novas tecnoloxías entre as PEMEs de tres rexións periféricas europeas: Pomerania (Polonia), Chipre e Galicia.
Na nosa comunidade, a aplicación práctica deste proxecto deu pé ó Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia, que botou a andar oficialmente en marzo do 2002 co apoio da Dirección Xeral de I+D da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio da Xunta de Galicia e coa xestión do CESGA.

Actividades e informes
A nivel europeo, o proxecto e-MINDER elaborou estudios como o “Informe rexional sobre TIC e comercio electrónico”. Actualmente estase realizando o “Manual para a creación de centros de competencias en comercio electrónico en Europa”, do que poderán botar man outros países interesados en promocionar o negocio on line nas súas rexións. Neste sentido, o e-MINDER recibiu numerosas solicitudes de información de rexións europeas interesadas en promover esta canle de negocio entre as súas pequenas e medianas empresas.
Outras actividades desenvolvidas nas tres rexións participantes foron as enquisas e estudios sobre comercio-e, os cursos e conferencias (nas que se formaron máis de 2.600 empresarios de Chipre, Pomerania e Galicia), ou as revistas e páxinas web de carácter divulgativo publicadas polos participantes (partners) no proxecto.
Ademais, os tres centros desenvolveron servicios de asesoramento e soporte á PEME, no tocante ás TIC e ó comercio-e, que ata xullo prestou servicio a máis de 350 empresas.
e-MINDER presentou en público os seus resultados o mes de xullo en Bruxelas, nun evento (a chamada “Final Conference”) ó que asistiron membros da Comisión Europea, partners do proxecto, membros doutros proxectos europeos e medios de comunicación, entre outros.

En Galicia
A nivel galego, o proxecto e-MINDER tivo cumprido reflexo no Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia, que desenvolveu as súas actividades dende as áreas de formación, soporte, observatorio, comunicación e cooperación. Esta última área acadou un alto índice de participación nos seus dous primeiros meses de actividade. Neste sentido, o Centro forma parte da rede  de centros e-MINDER, da European e-Business Support Network (eBSN) e da Rede Internacional para as PEMEs (INSME).
Nas páxinas deste último número de e-negociogalicia detallamos os resultados e os obxectivos acadados neste curto período de tempo.




DATOS DO PROXECTO



Proxecto:  Information Society Technologies. V programa marco da Unión Europea.

Período do proxecto:  Setembro 2001 - Setembro 2003

Orzamento: 4.345.318 euros.

Investimento en Galicia: 1.670.814 euros.

Participantes
Coordinador SchlumbergerSema (España)

Galicia: CESGA, Universidade de Santiago mde Compostela (USC) e Universidade da Coruña (UDC)

Pomerania (Polonia): Presidencia da Pomerania Computer Center Regional Data Bank

Chipre: Virtual IT, Cyprus Telecommunication Authority (CYTA) e  UCY (University of Cyprus)

Enlaces e-MINDER
www.eminderproject.com
www.e-minder.com.cy (Chipre)
www.eminder.pl (Polonia)
www.e-negociogalicia.com (Galicia)


 
Revista


[Anterior :: Editorial]

[Seguinte :: Formación]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión