|
Para unha empresa que pretenda vender pola Rede non chega con desenvolver unha páxina web completa, ben deseñada e co carriño da compra integrado. De nada serve este traballo se non se promociona a tenda virtual e os productos que vende. Un xeito adecuado de promoción é a publicidade on line.
Os potenciais clientes dunha empresa que venda por Internet atópanse na propia Internet, polo que anunciarse noutras páxinas web é un dos mellores modos de dar a coñecer a tenda virtual e aumentar o volume de vendas. Sen embargo, as empresas teñen aínda moitas dúbidas sobre a efectividade da publicidade electrónica. Segundo un estudio da Asociación de Axencias de Marketing Directo e Interactivo, unha das principais causas destas reticencias é o descoñecemento das súas vantaxes.
Vantaxes
Hai tres vantaxes claras da publicidade on line respecto doutros medios publicitarios tradicionais. En primeiro lugar, a diversidade e a segmentación dos medios electrónicos permite identificar con facilidade as páxinas máis visitadas polo perfil do potencial cliente dunha tenda virtual. En segundo lugar, pódense coñecer con precisión os resultados dunha campaña publicitaria pola Rede. Por exemplo, pode saberse cantas persoas visitaron unha páxina determinada na que había un banner [?] e, incluso, cantas persoas chegaron á tenda virtual dende ese enlace. Finalmente, a publicidade on line facilita a “compra impulsiva”, xa que a posibilidade de acceder inmediatamente á tenda virtual reduce ó mínimo o tempo que trancurre entre a visión da publicidade, a decisión de comprar e a compra efectiva.
“Cada vez máis empresas apostan pola rede”
Rubén López é o xerente de GaliciaBanner, unha axencia galega de publicidade especializada en Internet.
Pregunta: ¿É efectiva a publicidade on line? Resposta: Si, na medida que xera imaxe, lembranza de marca e remite ó usuario a web do anunciante. Unha proba da súa efectividade é que en países onde o comercio electrónico está máis avanzado, as axencias traballan en base a comisión por vendas e vailles francamente ben.
P: ¿Como pode saber un empresario en que medios electrónicos publicitará mellor o seu negocio? R: Este coñecemento é un dos valores engadidos que dá unha axencia especializada. O coñecemento dos profesionais é determinante á hora de planificar a campaña en consonancia cos obxectivos do cliente.
P: ¿Cal é o custo dunha campaña de publicidade on line? R: O custo é relativo. En función do nivel de segmentación e de cobertura pódense deseñar plans adaptados ás necesidades e o orzamento do cliente. En liñas xerais, o custo por impacto é máis barato e flexible que nos
|