|
400.000 euros. Este é o volume de vendas que a empresa Control+P Informática & Comunicaciones espera alcanzar a través da súa páxina web neste ano. No 1999 introduciron o carriño da compra na súa web e neste tempo esta empresa de Ourense tense convertido nunha das cinco primeiras empresas españolas con máis éxito do seu sector en Internet.
Datos da web
Empresa: Control+P Informática & Comunicaciones S.L. Ubicación: Ourense URL: www.controlp.com Custo de creación da páxina: 6.000 euros Custo de mantemento: Hosting [?] da páxina e dous traballadores Facturación no ano 2002: 160.000 euros Formas de pago admitidas - Transferencia bancaria - Contrarreembolso - Financiación Uno-e - Tarxetas de “La Caixa” - Tarxetas Visa, 4B, Mastercard - epagado de Bankinter
Control+P adícase dende 1996 á venda de material e servicios informáticos, e programas de xestión para empresas. En 1998 deciron desenvolver unha tenda virtual, proceso no que traballaron case dous anos, ata que a finais de 1999 integraron o carriño da compra na web e dotaron de recursos humanos á parte comercial. Nun primeiro momento os pedidos foron moi poucos, pero o catálogo de productos que se expoñía na páxina era cada vez máis visitado polos clientes e polos propios comerciais da compañía. Sen embargo, a principios do 2002, ante o incremento de visitas [?] e pedidos que estaban a vivir nos últimos meses, decidiuse aumentar aínda máis o investimento nos recursos da tenda virtual, cos seguintes obxectivos: - Obter un catálogo de productos ordenado, claro e único que levase consigo un aforro nos custos de localización de calquera producto. - Ter acceso a novos mercados ós que lles era imposible chegar sen dispoñer de tendas físicas. - E, finalmente, abrir unha canle de vendas alternativa que no prazo de dous ou tres anos vendese tanto como un comercial. Segundo Juan Manuel Piñeiro, xerente e propietario da empresa, “os tres obxectivos cumpríronse con creces e as expectativas son moi grandes para o futuro”. A tenda virtual de Control+P é hoxe a cuarta de España no seu sector, un dos que máis productos vende a través da Rede, amosando que desde Ourense unha empresa pode situarse á cabeza do comercio-e do Estado.
|
Na Gráfica 01 pode verse a evolución das vendas da páxina web. O crecemento entre o ano 2000 e o 2002 foi de case o 900%. O dato de 400.000 euros para o 2003 é unha previsión, pero cos resultados actuais parece que se alcanzará esta cifra.
|
|
A Gráfica 02 amosa a porcentaxe que representan as vendas través da tenda electrónica respecto da cifra global de vendas da empresa. Cada ano é máis importante esta porcentaxe, o que consolida a tenda-e como canle de negocio.
|
|