Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio14 | Editorial    


Editorial

O proxecto e-MINDER, no que se encadra o Centro de Competencias en Comercio Electrónico e a revista e-negociogalicia, chegou ó seu remate en setembro. Con el finalizan as actividades das áreas de observatorio, formación, soporte e comunicación, se ben o Centro continuará a desenvolver novos proxectos de innovación.
Tras un ano e medio de andanza, a experiencia do Centro tivo uns excelentes resultados. A súa labor foi recoñecida na Conferencia Final de Bruxelas en xullo, onde Galicia serviu de referente para outras rexións europeas no apoio ás PEMES na incorporación do comercio-e. Ademais, durante o seminario internacional de Cerdeña, celebrado en setembro, o Centro centrou os contidos do taller de comercio-e, onde foi seleccionado como “Caso de Excelencia”.

O presente é o último número de e-negociogalicia, que xunto ó Centro, achegou as PEMEs ó mundo de Internet e do negocio on line, desde unha perspectiva divulgativa e pragmática. A través dos 15 números editados,  sacáronse á luz moitas iniciativas de comercio-e, e agardamos que a nosa comunidade acolla a moitas máis nun futuro próximo. Ese sería o mellor expoñente de que os contidos da revista calaron entre os empresarios galegos. Cumpridos os obxectivos, o traballo realizado polo Centro pode consultarse na web do Centro e no Boletín de comercio-e, que seguirá difundindo novas e iniciativas.
O e-MINDER remata así a súa singradura, sentando as bases do coñecemento que agora as institucións han de transferir plenamente á sociedade.

O Centro de Competencias  agradece o apoio e a colaboración a tódolos seus usuarios e lectores.

e-comic
e-comic

 
Revista


[Seguinte :: Resultados proxecto eMINDER]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión