|
A UTE Bos comercializa embrións de vacún
|
|
|
|
|
Dende o 10 de xullo a Unidade de Transferencia Embrionaria de Bos (UTE Bos) vende por Internet embrións de vacún machos e femias do máis alto valor xenético. Coa venda por Internet dos embrións de vacún preténdese que os 4.700 gandeiros asociados á Federación de Frisona Galega (Fefriga) poidan estar informados dos especímenes que están á venda e mercar os que mellor se adecúen ás súas necesidades, así como facilitar a venda a centros especializados do exterior.
O presidente de Fefriga, Franciso Grao, confía en que a venda por Internet dos embrións dea uns bos resultados. Segundo Grao, os gandeiros galegos estanse sumando á Rede porque constitúe unha canle que lles permite aforrar moitos cartos en diversos procesos, como a consulta das árbores xenealóxicas dos embrións ou a consulta dos datos do control leiteiro da súa explotación na web da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. Sen embargo, o presidente de Fefriga sinala que as liñas de Telefonía de Acceso Rural (TRAC), que non permiten o acceso a Internet e que moitos gandeiros teñen nas súas casas ou nas explotacións, os obrigan a desprazarse a lugares con conexión para poder acceder á Rede.
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|