Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio13 | Internacionalizacion    


A Rede, canle para a internacionalización da PEME galega

Internet permite ás empresas chegar a novos mercados dispersos xeograficamente
Os 600 millóns de persoas que se conectan á Rede no mundo enteiro constitúen un mercado apetecible para calquera empresa. As PEMEs galegas teñen neste enorme mercado moitas oportunidades para internacionalizar os seus negocios. O éxito pasa por segmentar con precisión os potenciais clientes, de xeito que permita atopar os nichos de negocio adecuados e abrir a empresa a mercados internacionais.

No mes de marzo deste ano había no planeta algo máis de 600 millóns de internautas. É xa un tópico dicir que a empresa que ten unha páxina na Rede pode chegar a todo o mundo, a esos 600 millóns de potenciais clientes.
O tópico ten algo de verdade e moito de esaxeración. A Rede é unha canle apropiada para a internacionalización de moitas PEMEs. Pero cómpre que o proceso se faga sobre un estudio previo, que descarte a posibilidade de chegar a tódolos rincóns do mundo.
A empresa que queira medrar no exterior a través da Rede ten que facer un estudio de segmentación do mercado. Despois, poderá decidir en que rexións se atopan os seus clientes potenciais, que poden ser tanto outras empresas (B2B) como consumidores finais (B2C).
Esta decisión basearase no coñecemento da situación das diferentes rexións en dous sentidos. Por unha banda, coñecerá os marcos de importación: normativa aduaneira, posibles atrancos políticos, competencia, etc. Por outra, ten que coñecer a situación no que respecta á Sociedade da Información: penetración da Rede, perfil dos usuarios, normativa sobre comercio electrónico, etc.
Unha vez definida unha rexión como obxectivo, a PEME pode explotar as características da Rede adaptando a páxina web e a estratexia comercial ás particularidades deste novo mercado.



O mercado da emigración na Rede

Para moitas PEMEs galegas, o colectivo emigrado pode ser un bo obxectivo comercial a través da Rede. Este grupo de galegos pode cifrarse nuns dez millóns de persoas, se incluímos nel ós fillos e netos dos emigrados de primeira xeneración, segundo datos do ano 2000 da Xunta de Galicia.
Toda esta xente vive dispersa polo mundo, pero teñen unha característica común: a súa terra de orixe. Este feito convírteos nun grupo diferenciado dentro de Internet.
Tendo en conta isto, a estratexia de segmentación dunha PEME galega no seu proceso de internacionalización a través da Rede pode apoiarse nesta característica compartida, máis que só nun estricto criterio xeográfico.
Nun proceso inverso, a Rede pode ser tamén unha canle de negocio para os empresarios galegos na emigración que queiran non só continuar mantendo o contacto coa súa terra de orixe, senón tamén comercializar en Galicia os seus productos ou servicios.
Deste xeito, Internet confírmase como unha canle apropiada para que empresarios galegos ou emigrados no exterior fortalezan a súa relación comercial con Galicia.

¿Que fai o Centro para axudar ás PEMEs galegas na busca de mercados?

- Canalización dos intereses de empresas e institucións galegas e foráneas, especialmente de América Latina, a través do departamento de Cooperación Internacional.

- Fortalecemento das relacións entre Galicia e América Latina participando en proxectos internacionais con representantes de Galicia, Portugal, Brasil e Cuba.

- Asesoramento e formación a empresarios galegos que queiran internacionalizar o seu negocio a través da Rede.

Presencia galega no exterior
Presencia galega no exterior

 
Revista


[Anterior :: Iniciativas]

[Seguinte :: Entrevista Worldfishsite]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión