Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio13 | Iniciativas    


Tradición, moda e turismo mistúranse en Internet


fuellesmiragaya.com
fuellesmiragaya.com

Fuelles Miragaya: novos aires para unha empresa tradicional

www.fuellesmiragaya.com

A web Fuellesmiragaya.com naceu en outubro do 2002 co obxectivo de captar novos clientes e abrir mercados a un negocio tradicional adicado á fabricación de foles de cociña e para a fumigación.
Segundo o responsable de Fuelles Miragaya, José Miragaya, "o obxectivo inmediato é facernos coñecidos en Internet a través dos buscadores. A Rede é unha ferramenta que pode achegar beneficios como nova canle de negocio nun futuro inmediato, e así o esperamos". De momento, as expectativas da empresa pasan por asentarse na Rede e chegar a novos clientes, ampliando os beneficios da venda directa.
O seu principal mercado non traspasa as fronteiras españolas, pero, segundo Miragaya, "é necesario adentrarse no mercado internacional. Neste sentido, estamos tratando cunhas cantas empresas portuguesas para introducirnos neste mercado".
Cun investimento inicial duns 210 euros, os gastos de mantemento que xera ó mes non superan os 70 euros. A navegación nesta tenda on line é sinxela e intuitiva. O cliente pode pagar con tarxeta ou por transferencia, e a pasarela de pagos [?] da empresa establécese a través de R e Caixanova. Os custos de envío corren a cargo do cliente e están especificados en cada producto. A empresa de loxística é TDN.
Os productos de Fuelles Miragaya, elaborados en Paradela (Lugo), son feitos a man e a partir de materiais como madeira de piñeiro e pel de ovella ou skay.


mundocamisetas.com
mundocamisetas.com

Mundocamisetas.com, o portal galego interactivo das camisetas

www.mundocamisetas.com

O portal [?] galego www.mundocamisetas.com adícase á venda on line de camisetas. A web presenta un amplo surtido de deseños dividido por categorías (animais, étnicas, celtas…) e dálle a posibilidade ós usuarios de ampliar o catálogo cos seus propios deseños. Tamén hai seccións para persoalizar a camiseta cunha caricatura, montaxes fotográficas, ou simplemente cun nome ou unha frase dedicatoria.
Segundo os propietarios do portal [?], "interésanos que teña un carácter dinámico, polo que incorporamos algunhas seccións que iremos actualizando". É o caso da sección “El pique”, que presenta dúas camisetas con deseños de signo contrario sobre algún tema de actualidade, e no que se incorporan enlaces a páxinas web relacionadas para obter máis información.
A participación na elaboración da páxina é un dos obxectivos do equipo de Mundocamisetas.com, e para animar ós internautas ofrecen ofertas especiais, concursos, etc.
O portal [?] dispón dun apartado para que calquera poida vender camisetas desde a súa propia páxina web colocando nela un icono e enviándolle a Mundocamisetas.com o deseño. "Esta ferramenta pode ser moi útil para peñas, asociacións deportivas, etc… que poden incrementar os seus beneficios con tan só colocar o icono na súa páxina", explican dende www.mundocamisetas.com.


infocruceros.com
infocruceros.com

Infocruceros.com: iniciativa pioneira en castelán

www.infocruceros.com

Infocruceros.com é unha páxina web que pretende crear unha comunidade virtual arredor do mundo dos cruceiros. A páxina naceu en maio do 2002 co obxectivo de convertirse nun referente para as persoas afeccionadas a esta forma de viaxar.
En Estados Unidos existe un importante número de páxinas con esta temática, xa que moita xente escolle os cruceiros para pasar as súas vacacións. En España Infocruceros.com é a primeira web que tenta aproveitar o boom que o mercado dos barcos de lecer está vivindo nos últimos anos no Estado.
Infocruceros.com está aínda en fase embrionaria, polo que o seu responsable, Félix González, non agarda resultados a curto prazo. A súa idea é ir creando unha comunidade cada vez máis grande arredor do contido da páxina. No 2004 agarda ter un número suficiente de visitantes para que as diferentes compañías vinculadas ó sector queiran publicitarse nela. Tamén contempla a posibilidade de organizar cruceiros en grupo, tomando a web como punto de encontro.


 
Revista


[Anterior :: Editorial]

[Seguinte :: Internacionalización]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión