|
|
|
Enviar tarxetas de felicitación nun só paso
www.tarjeto.com
Ás veces enviar unha postal de felicitación é todo un problema: atopar unha tenda aberta, escoller a postal ideal, mercar o selo e franquear o envío... En Tarjeto.com, unha iniciativa de Vilagarcía, intentan simplificar este proceso, sen perder a orixinalidade e a personalidade que lle queiramos imprimir á nosa tarxeta. O que envía o emisor a través de Tarjeto.com non é unha postal electrónica, senón unha tarxeta física escollida e persoalizada coa axuda dun buscador. Unha tarxeta custa 2,11 euros, e pódese enviar por correo ordinario ou urxente.
|
|
O regalo perfecto para comezar ben o día
www.detallitos.com.pe
Os internautas peruanos poden disfrutar dun orixinal servicio a través de detallitos.com. Esta orixinal tenda-e permite encargar almorzos on line para regalarlle a alguén un feliz comezo da xornada. A empresa encárgase de levarlle á propia casa da persoa elixida o almorzo perfecto, xa que pode ser “light” ou incluír máis ingredientes (por exemplo o xornal do día, un peluche, unha rosa fresca...). Ademais dos almorzos, nesta tenda electrónica pódense mercar detalles empresariais ou románticos, ramos e caixas de flores variadas e regaliños para bebés.
|
|
Auga deshidratada para momentos difíciles
buydehydratedwater.com
Dende EEUU ofrecen un producto que nos pode resultar un chisco extravagante: auga deshidratada. Sen embargo, nesta web encárganse de informar das vantaxes do producto: a auga deshidratada é totalmente pura e está sen contaminar, podemos dispoñer dela en momentos nos que sexa difícil de conseguir e ademais ¡consumila no estado que máis nos apeteza! (non ten porqué ser líquida). Nesta páxina podemos deixar o noso enderezo e, segundo prometen, recibiremos unha mostra de auga deshidratada gratis.
|
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|