|
Grupos de noticias e foros de discusión: Comunidades de coñecemento
|
|
|
|
|
A principal vantaxe dos grupos de noticias [?] (newsgroups) e dos foros [?] de discusión é que poñen en contacto dun xeito moi sinxelo a persoas de calquera parte do mundo interesadas nun tema. É unha magnífica ferramenta para compartir información, establecer contactos, consultar dúbidas ou resolver problemas, contribuíndo a mellorar o coñecemento e a productividade dos seus membros. Arredor dos grupos e foros [?] de discusión créanse verdadeiras comunidades de coñecemento de usuarios, empregados, clientes, profesionais ou expertos. Nos grupos de noticias pódese participar accedendo a unha páxina web onde se atope a interface [?] do grupo. As mensaxes están dispoñibles para calquera internauta, e pódese solicitar directamente información a un participante que deixase unha mensaxe. Tamén se pode acceder dende o navegador de Internet (por exemplo, Internet Explorer dispón no menú "Ferramentas", na opción "Correo e noticias" dun asistente para configurar unha conta dun grupo de noticias). Existen grupos de noticias que dan a posibilidade de subscribirse e enviar mensaxes ou recibir actualizacións vía e-mail a través dun programa lector de noticias, xa sexa un grupo de noticias dun enderezo web ou un grupo de noticias interno dunha organización. Por exemplo, en Outlook para iniciar o lector de noticias predeterminado hai que ir ó menú "Ver", á opción "Ir a" e premer en "Noticias". Os foros [?] de discusión soen estar dispoñibles nunha web, e adoita ser obrigatorio subscribirse. Tanto os grupos de noticias como os foros [?] de discusión poden ser moderados ou non, e pódese restrinxir a participación nos mesmos. O principal servidor de grupos de noticias [?] é Usenet (groups.google.com), que foi adquirido por Google. Cada temática identifícase pola primeira palabra do nome do grupo, por exemplo “es.”: grupos de España, “biz.”: productos para os negocios, servicios, comentarios, etc. Estes grupos son restrictivos á inserción de publicidade por parte dos seus membros, pero se podemos aproveitar para engadir un pé de firma con algún dato persoal e o nome da empresa ou frases como "se está interesado en coñecer máis sobre o que comentamos, pode visitarnos nesta web", dando a posibilidade de acceder a información de interese, xa que nestes grupos é fácil localizar ó noso público obxectivo e poder interactuar con el, o que ó fin é unha técnica de marketing. Calquera empresa pode incluír na súa web un grupo de noticias ou un foro [?] de discusión sobre os seus productos e servicios, aproveitando a información que deixen os membros, sexan clientes ou non, ou dos seus empregados, para utilizalo como fonte de consulta ou soporte para aclarar dúbidas, propoñer melloras e medir a aceptación dos productos.
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|