Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio13 | EntrevistaWorldfishsite    


“A Rede é a base do noso negocio”

Celia Bodelón, xerente comercial de Fis Latino.

Worlfishsite, con sede en Vigo, é un dos portais [?] de pesca máis importantes do mundo. O ano pasado fusionouse con FisLatino, que orientaba o seu mercado cara América Latina. A plataforma conxunta cubre un gran mercado internacional.
Celia Bodelón é a súa xerente comercial.

Pregunta: ¿Cando comezou Worldfishsite o seu proceso de internacionalización pola Rede?
Resposta: Wordlfishsite concebiuse como unha ferramenta internacional. Dende a súa xestación o seu mercado era internacional. Comezou xa en dous idiomas.

P: ¿Que significou apostar pola internacionalización a través de Internet?
R: A base do negocio. Sen internacionalización por Internet non teríamos mercado.

P: ¿Que riscos asumiu Worldfishsite ó internacionalizarse pola Rede?
R: Os mesmos riscos que cuestionan en calquera operación de comercio internacional: a desconfianza entre participantes que de entrada non se coñecen.

P: ¿Que beneficios achega Internet ó voso negocio?
R: Todos. A oportunidade de amosarte ó mundo enteiro as 24 horas do día.

P: ¿Que criterios seguístedes para segmentar o voso mercado?
R: O criterio foi claro: sectorial. Apostamos polo sector da industria pesqueira. Despois fixemos outros segmentos de mercado por proximidade xeográfica. Outro criterio foi o idiomático. Empregamos español, inglés, ruso e xaponés.

P: ¿Que elementos debe coidar o empresario que queira crecer internacionalemente pola Rede?
R: Deseño e comunicación, porque se non chegas ó público non tes ningunha oportunidade. Despois, é importante un bo servicio, que pasa pola boa distribución.

 
Revista


[Anterior :: Internacionalización]

[Seguinte :: Recursos na Rede]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión