Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio13 | Editorial    


Editorial

A internacionalización dunha empresa é un proceso que supón unha fonda transformación dentro da PEME. Sen embargo, os beneficios son substanciosos e fan que os esforzos paguen a pena. No contexto de internacionalización dunha empresa, o papel de Internet como canle de negocio pode chegar a ser fundamental. De feito, a Rede é o camiño máis rápido e curto para comenzar a penetración en mercados estranxeiros, pero este camiño debe iniciarse sempre despois dunha profunda análise previa que sinale os mercados idóneos nos que traballar.
O aforro de custos no contacto con clientes e provedores estranxeiros, a facilidade para chegar a mercados remotos e a participación en marketplaces [?] foráneos son algunhas das vantaxes que achega Internet ás PEMEs.
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico pretende botar unha man ás empresas galegas que decidan apostar pola internacionalización no seu negocio a través de Internet e o comercio-e. Para iso, creou a súa área de “Cooperación”, dispoñible dende a páxina web (www.e-negociogalicia.com) e que está aberta á traballar con outras organizacións. O obxectivo: realizar actividades e proxectos afíns para a mellora da competitividade das empresas e o desenvolvemento rexional mediante o uso das TIC.

e-Comic
e-Comic

 
Revista


[Seguinte :: Iniciativas galegas]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión