|
Comercio-e para empresarias galegas nunha aula itinerante
|
|
|
|
|
Achegar as vantaxes do comercio electrónico ás mulleres empresarias ou interesadas no mundo da empresa é o obxectivo dos cursos gratuitos nos que colabora o Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia e Interdix, e que organiza a Federación de Empresarias de Galicia (FEGA).
De momento, xa se impartiron cursos en Burela, Vigo e Verín, e proximamente a aula itinerante (á dereita nas imaxes) que leva os cursos a cada localidade, estará en A Coruña, As Pontes e Vilalba. Cada curso consta de 15 horas de duración, repartidas durante cinco días, de luns a venres en xornadas de mañá ou de tarde. Os contidos destas xornadas céntranse nos conceptos básicos do comercio electrónico, a relación de negocio entre empresas e entre empresa e consumidor, o marketing na Rede, a seguridade, os medios de pago, os aspectos xurídicos, a implantación actual e exemplos galegos que tiran proveito de Internet como canle de negocio. En total, serán unhas 240 mulleres empresarias as que se formarán en comercio electrónico a través desta aula virtual itinerante; un autobús adaptado para o seu uso como aula de ensinanza que dispón de once ordenadores, conexión a internet vía satélite e aire acondicionado, e que pode funcionar como aula virtual itinerante, ciber, sala de proxección, sala de audición ou sala de xogos en calquera lugar de Galicia. Este programa de formación está patrocinado polo Servicio Galego de Igualdade da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|