|
A xestión de contidos na páxina web
|
|
|
|
|
Para acadar a máxima difusión dunha web, hai que ter en conta, cando menos, dous factores:
- A usabilidade: Facer doada a navegación do internauta na web, de xeito que poida acceder dunha forma rápida e eficaz ós contidos que máis lle interesan (para isto é básico contar cunha estructura web simple e cun deseño agradable).
- A xestión dos contidos: Cando un internauta chega á web, debémoslle transmitir unha mensaxe clara do que vai atopar, e invitalo a navegar e a coñecer mellor a web. Para iso é preciso empregar contidos que esperten o seu interese, que axuden a vender os nosos productos e que acheguen un valor adicional ós nosos visitantes, clientes, provedores, socios ou accionistas. Os contidos poden ser creados pola propia empresa (contidos específicos e de fácil comprensión sobre a temática da web), ou ben poden contratarse a empresas especializadas. Pero non debemos esquecer que a web pode ser tamén alimentada polos propios usuarios, por iso é tan importante a interactividade nunha web, é dicir, facilitar ferramentas ós usuarios para que poidan participar nela. Isto constitúe nalgúns casos a razón do éxito da web, onde os comentarios e opinións dos internautas son o reclamo para obter máis visitas [?]. Na web de poxas Ebay, por exemplo, son os usuarios quen insiren os anuncios de poxas, principal atracción para que outros internautas visiten a web. Na tenda on line Amazon, a información dos productos enriquécese con comentarios, críticas, suxerencias, etc. escritas polos internautas. Polo tanto, á hora de definir unha boa estratexia web, debemos ter claro como se van crear e xestionar os contidos da web, para atraer e fidelizar ós internautas interesados nesa temática, buscando que naveguen, que se rexistren na web ou nun boletín electrónico e que volvan a visitala, convertindo o maior número de visitantes en clientes. A estratexia de venda dos nosos productos e servicios pasa por ofrecer uns bos contidos que amosen con claridade as súas vantaxes, e que ofrezan un valor engadido que permita coñecer as súas características técnicas, de uso, mantemento, axuda, etc. Non se debe tampouco abusar dos contidos e do texto facéndoos demasiado longos ou complicados. Os contidos han ser breves e habilitaranse mecanismos para que os internautas poidan ampliar información, ben a través de enlaces na propia web, ou ben facilitando ferramentas para contactar coa empresa. Por último, cómpre destacar outras vantaxes dos contidos en Internet. Nos buscadores como Google, cando un internauta busca unha web dunha temática concreta, os resultados que presenta o buscador obtéñense a partir da existencia das palabras usadas polo internauta na súa busca dos contidos da web. Tamén podemos promocionar a nosa web inserindo contidos coas nosas referencias noutras webs, artigos en comunidades virtuais, en revistas ou boletíns electrónicos, listas, foros [?], etc. en forma de comentarios, artigos, estudios, manuais ou informes.
Manuel Trincado,Dirección e Estratexia Web mtrincado@winred.com, www.WinRed.Com
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|