|
|
O informe e-Barómetro 2003 de Empresas amósao ás claras: o comercio electrónico en Galicia segue nos últimos tempos unha tendencia á alza continua e constante. A comparativa co informe do pasado ano 2002 reflicte o incremento da presencia desta nova canle de negocio nas empresas, que pasou de ser explotada polo 12 por cento das PEMEs a ser aproveitada polo 13,3 por cento. Este crecemento do negocio on line, que inclúe tanto o B2B como o B2C, acada máis valor se cabe, ó ter en conta o escaso período de tempo transcorrido entre as dúas enquisas do informe e-Barómetro. É dicir, en poucos meses, o comercio electrónico pasou a estar presente nun 1,3 por cento máis das nosas empresas. No Centro de Competencias en Comercio Electrónico estamos a palpar esta realidade. Cada vez son máis as empresas con inquedanzas e ideas para facer negocio a través da Rede. As iniciativas que publicamos nesta revista son só algúns exemplos que cristalizan en iniciativas on line. Detrás delas, hai outras moitas empresas galegas que están amosando interese e xa pensan de forma seria en como tirar proveito deste enorme mercado de clientes que están en Internet. A conclusión de todo isto é evidente: o crecemento do comercio-e é imparable. Esta canle de negocio chegou para afianzarse e os datos así o reflicten.
 |
| e-Comic |
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|