Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio11 | TendaVirtual    


Como construír unha tenda virtual (Epílogo): O esforzo de manter un negocio on line.

Ó longo dos últimos sete números de e-negociogalicia falamos do proceso para montar unha web de comercio-e. Agora que chegamos ó final, semella que todo está feito e só resta agardar a que chegen as vendas. Nada máis lonxe da realidade. Agora é cando comenza un traballo continuo que non debemos descoidar se queremos que o negocio on line teña éxito.

Ter lista a páxina web e completamente operativo o negocio on line da nosa empresa non é máis que o comenzo dun labor continuo cara ó éxito. Hai que ter presentes unha serie de tarefas ás que atenderemos periodicamente. Entre estas tarefas, as máis destacadas son:

1º A RENOVACIÓN DO SERVICIO DE HOSTING [?] E O DOMINIO DA WEB
Cando mercamos o dominio para a nosa web (ver e-negociogalicia 05) debemos ter presente que hai que renovalo unha vez ó ano. O custo desta renovación pode variar entre 15 e 30 euros ó ano. Pola súa banda, o servicio de hosting [?] ou aloxamento da web (enegociogalicia 02) págase normalmente por cuotas (mensuais, semestrais...), aínda que o habitual é facelo cada ano. O aloxamento web oscila entre os 100 e os 360 euros ó ano.

2º A PROMOCIÓN DA WEB
A promoción ten que ser constante e facerse tanto a través de canles tradicionais ( off line) como por Internet ( on line). Neste último caso, a promoción en buscadores (ver enegociogalicia 05, 06 e 07) é unha opción obrigada, aínda que hai outras posibilidades efectivas dentro da Rede, como o intercambio de enlaces, a publicidade noutras webs (banners [?], pop-ups...) e outro tipo de técnicas promocionais.

3º A ACTUALIZACIÓN DE CONTIDOS E INFORMACIÓN NA WEB
É unha tarefa básica. Unha páxina web non só debe ter actualizados tódolos datos relativos á empresa e os productos que comercializa a través dela, senón que ademais debe ofrecer ós internautas algún motivo para que volvan a visitar a páxina. Renovar estes contidos con novas, servicios... é un bo xeito de facer que os internautas repitan visita [?].

4º A MELLORA DA USABILIDADE DA WEB
A web ten que estar viva e ir mellorando  pouco a pouco. A usabilidade da web (que poderíamos definir como a cualidade de ser utilizada de xeito fácil e intuitivo polo usuario) é unha propiedade suxeita a continuo cambio e mellora. É moi importante que a web presente a información relevante a primeira vista e que o usuario poida acceder ó que lle interese no menor número de clicks posible. Isto é, canto menos teña que usar o rato un  comprador on line para chegar ó producto que lle interesa, mellor. Hai que ter en conta, ademais, que a web vai evolucionando e incorporando novos contidos/productos, polo que cómpre reorganizala en función dos intereses dos usuarios. Un exemplo pode achegarnos ó que chamamos usabilidade: se unha web de comercioe lanza unha nova oferta promocional, é importante que lle dea visibilidade [?] e acceso xa dende a páxina inicial ( home).

5º O ESFORZO DA ATENCIÓN Ó CLIENTE
Como xa falamos no número anterior de e-negociogalicia, a atención ó cliente é un factor clave para ter éxito. Abrir diversas canles de comunicación cos usuarios e dar unha resposta inmediata ós requerimentos dos clientes son tarefas que deben ter preferencia no mantemento da tenda on line.

A necesaria planificación da tenda on line

Manter no negocio on line unha web tamén supón un esforzo de planificación continuado, como mellor arma contra a improvisación e a desorganización. Ademais de definir os obxectivos da web de comercio-e, tanto estratéxicos como operacionais, cómpre ter moi claras as necesidades que van xurdir nas diferentes etapas da tenda on line, de xeito que se poidan priorizar as accións e áreas de actividade que máis nos conveñan. Así, por exemplo, prever o aumento de pedidos a medida que a promoción da web sexa máis forte serviranos para despois dar mellor resposta ós clientes cunha infraestructura axeitada. Por último, hai que salientar a capacidade de adaptación ós cambios. Isto é, haberá situacións difíciles de predicir. Por exemplo, se realizamos un seguemento das visitas [?] que nos chegan á web quizais descubramos que moitos dos nosos usuarios son anglófonos. Sería un bo momento para pensar en traducir a web ó inglés (aumentando as visitas [?]) e desenvolver un sistema de loxística que nos permita distribuír nestes países.

 
Revista


[Anterior:: Entrevista a Atiendes]

[Seguinte :: Eleccións municipais na Rede]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión