|
Un milleiro de empresas reciben cada semana o boletin on line de comercio-e
|
|
|
|
|
O Boletín de Comercio Electrónico que distribúe cada semana on line o Centro de Competencias está a recibir unha gran demanda por arte das empresas galegas.
A pesar de que aínda non chegou ó décimo número, máis dun milleiro de receptores amosaron o seu interese polo negocio electrónico e están a recibir o boletín no seu buzón de e-mail. A meirande parte destes receptores son empresas galegas, aínda que entre eles tamén se atopan autónomos, medios de comunicación e Deste xeito, o boletín de comercio electrónico estase a converter no referente do sector en Galicia e acada numerosas solicitudes cada semana.
O boletín, de carácter gratuíto, trata novas do comercio electrónico galego, pero tamén novas de ámbito nacional ou internacional. Ademais, inclúe a sección “Iniciativa da semana”, na que difunde webs galegas de comercio-e e a sección "O dato", que descobre semanalmente as cifras máis interesantes sobre a realidade de Galicia no tocante ó comercio electrónico e Internet.
Solicite o boletín de comercio electrónico en: www.e-negociogalicia.com
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|