|
As empresas galegas demandan un centro de apoio no ámbito tecnolóxico
|
|
|
|
|
Os sectores empresariais galegos demandan a figura dun centro de carácter público que as asesore á hora de elixir provedor de novas tecnoloxías. Esta é a principal conclusión da primeira fase do Proxecto de investigación QualyTIC. O QualyTIC está desenvolvendo un estudio baseado nunha intensa recollida de información para coñecer as necesidades que as empresas, os cidadáns e a Administración teñen respecto á oferta de servicios tecnolóxicos na nosa comunidade. As empresas galegas consideran que dito centro de carácter oficial debería dar un servicio de asesoramento gratuíto a aquelas empresas que queiran utilizar as novas tecnoloxías nos seus negocios, e que non coñecen suficientemente o campo. Pola súa banda, as empresas provedoras de servicios tecnolóxicos apostan por un centro de carácter oficial que certifique e respalde a calidade dos seus servicios. Outro resultado que quedou de manifesto neste estudio foi a valoración negativa que se fai dos provedores de servicios tecnolóxicos. Neste sentido, a necesidade de contar cunha garantía na relación cos provedores é outro dos motivos polos que se demanda a existencia dun centro que apoie a calidade dos seus servicios, segundo se desprende das conclusións do QualyTIC. Ademais, á hora de contratar un provedor tecnolóxico, as empresas "tradicionais" galegas destacaron como fundamental a proximidade da mesma. A pertenza do provedor á mesma provincia é vital para a súa contratación. O principal obxectivo do proxecto QualyTIC é detectar as necesidades tecnolóxicas das PEMES galegas e facilitarlles a contratación de provedores tecnolóxicos que se axusten ás súas demandas e necesidades. No proxecto, financiado polo Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (PGIDIT) da Dirección Xeral de I+D pertencente á Consellería de Innovación, de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, participan o CESGA, o Centro de Competencias en Comercio Electrónico e a consultora galega EOSA.
Medran as vendas electrónicas entre osusuarios de VISA
Os usuarios de VISA foron a clave da forte subida que experimentou o comercio electrónico B2C (Business to Consumer, cara o consumidor final) en Europa durante o período 2001-2002, segundo datos de Visa International. Ademais, esta entidade vaticionou que Europa Occidental será un expoñente do comercio-e B2C nos vindeiros anos. As porcentaxes de crecemento do comercio-e B2C en Europa, distribuidos por sectores son, segundo este informe: productos de informática, 149%, electrónica, 47%, artigos deportivos ,164%, libros, 74%, supermercados e similares, 98%, seguros, 114%, servicios, 119%, aeroliñas, 1,326%, hoteis, 125% e aluguer de coches, 947%.
A empresa editora de xornal.com facturou 134.000 euros no 2002
Xornal.com, diario que só se difunde pola Rede, naceu no ano 1999 para cubrir un vacío no xornalismo galego. Nestes catro anos ten consolidado unha audiencia que crece día a día. No mes de marzo deste ano, xornal.com tivo un promedio superior ás 1.000 visitas [?] diarias, segundo a Oficina de Xustificación da Difusión (OJD). O seu director, Antonio Sangiao, valora o presente e o futuro desta publicación.
Pregunta: ¿É efectiva a publicidade nos medios dixitais para as empresas galegas que queiran promocionar as súas tendas virtuais? Resposta: Está sobradamente demostrado que a publicidade en Internet é especialmente efectiva, sobre todo en cuestións como o reforzo de marca ou en empresas que operan na propia Rede. Calquera firma que teña servicios público obxectivo: Internet.
P: ¿Cal é o perfil da audiencia de Xornal.com? R: En xeral é de carácter urbano. Entra na páxina en horarios comerciais, polo que deducimos que é un público de empresa, de perfil económico medio-alto, novo e sen medo ás novas tecnoloxías. Tamén somos un xornal de influencia porque é consultado por políticos e directivos do máis alto nivel.
P: ¿Como ve o presente dos medios dixitais galegos? R: O presenté é escuro, pero pode ter unha luz ó fondo. Hai que buscar negocios complementarios
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|