|
Para as empresas que fan comercio electrónico, a loxística é un elemento vital na súa cadea de valor. Normalmente, o cliente culpa á tenda virtual dos problemas na entrega da mercadoría, aínda que a responsable da distribución sexa unha empresa loxística. Nesta reportaxe analizamos o proceso loxístico vinculado ó comercio electrónico, como unha materia pendente de mellorar para a expansión do negocio na Rede.
A loxística é un elemento a ter moi en conta polas empresas que ofertan servicios de comercioelectrónico. A entrega rápida e en boas condicións dos productos é clave para fidelizar ós clientes das tendas virtuais e, polo tanto, para rendibilizar o negocio na Rede. Sen embargo, os datos apuntan a que en Galicia non se valoran o suficiente as cuestións relativas á loxística e á distribución comercial nos proxectos de comercio electrónico. Os datos do Informe e- Barómetro, publicado polo Centro de Competencias e desenvolvido polo Equipo de Investigacións Políticas e Sociolóxias da USC, sinalan que só o 12,4% dos galegos consideran a loxística como unha barreira para o desenvolvemento do comercio electrónico. En cambio, nos países europeos máis desenvolvidos é o 31% a porcentaxe de empresas que detectan este problema, segundo os datos do Informe Eurostat. O maior coñecemento desta canle de negocio que teñen os empresarios europeos fai pensar que a súa perspectiva é a máisrealista.
O PRODUCTO NA CASA O uso de Internet como canle de venda de productos supón para moitas empresas ter en conta aspectos que, tradicionalmente, non lles afectaban, como é o da loxística.Isto sábeno ben en Arco Iris Musical, empresa de Lugo que vende instrumentos da música tradicional galega por todo o mundo a través da súa web, www.arcoirismusic.com.
Segundo un dos seus responsables, Xerardo Castedo, a introducción do comercio electrónico supuxo que tiveran que aprender a manexarse coa loxística, “un mundo novo” para eles, aseguran.
Solucións para a distribución comercial no comercio-e
1) A propia empresa encárgase da distribución dos productos: só e aconsellable para grandes empresas que contan cunha infraestructura potente.
2) Servicios tradicionais de paquetería: só no caso de que os compradores virtuais acepten agardar polo producto, xa que estes servicios en moitos casos son máis lentos que os ofrecidos por operadores loxísticos especializados.
3) Empresas loxísticas especializadas en distribución para o comercio electrónico: é a opción máis fiable para unha tenda virtual. Aumenta a confianza dos posibles compradores dunha tenda on line.
 |
| Proceso loxístico no coomercio-e |
|