Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio11 | Lexislacion    


Os impostos cibernéticos: O Imposto de Valor Engadido (IVE) na Rede

Unha vez analizados nesta sección algúns dos requisitos xurídicos para ter en conta á hora de montar un negocio de comercio-e, en base principalmente á Lei 34/2002 de Servicios da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), nesta ocasión abordamos o complexo ámbito dos impostos aplicables na Rede.

Moitas foron as propostas de regulación da fiscalidade de Internet e poucas as normas finalmente aprobadas polosestados. Entre as propostas podemos destacar pola súa orixinalidade o chamado "bit tax", o imposto sobre os ‘bits’ que foi presentado en diversos foros [?] internacionais e que se baseaba en pagar pola cantidade de información electrónica transmitida. Obviamente, non tiña sentido algún, xa que o valor real do transmitido pola Rede non está en relación directa co seu tamaño, senón co seu contido (sexa producto ou servicio prestado).

En canto á normativa finalmente aprobada, destacaremos por unha banda a lexislación federal norteamericana, que exime de pagar impostos indirectos ás empresas que operan a través de Internet. A devandita normativa é temporal, aínda que foi recentemente prorrogada, e aséntase sobre a intención das autoridades de EEUU de promover o comercio electrónico naquel país. En canto a Europa, recentemente aprobouse a Directiva 2002/38/CE de 7 de maio de 2002, pola que se modifica a Sexta Directiva 77/388/CEE sobre o IVE aplicable, entre outros, a algúns servicios prestados por vía electrónica. Esta normativa vén a clarificar a aplicación do IVE no ámbito do comercio electrónico, limitando a súa vixencia a tres anos a contar dende o 1 de xullo do 2003 ata o 1 de xullo do 2006, data na que deberá ser modificada ou ampliada a súa vixencia.

Basicamente, esta directiva permite ás empresas europeas vender os seus productos ou servicios a consumidores extracomunitarios a través de Internet sen necesidade de aplicarlles o IVE. Á súa vez, obriga a determinadas empresas extracomunitarias a aplicar dito imposto nas súas vendas a consumidores europeos. Isto, sen dúbida, suporá unha gran vantaxe competitiva dos productos e servicios europeos comercializados a través da Rede ó poder venderse fóra máis baratos, á par que será unha desvantaxe para as empresas de comercio-e extracomunitarias (principalmente norteamericanas), que deberán incrementar os seus prezos co correspondente IVE para gran parte das súas vendas na Unión Europea.

Víctor Salgado Seguín Pintos & Salgado Abogados
vsalgado@pintos-salgado.com
www.pintos-salgado.com

 
Revista


[Anterior:: Novas do Centro]

[Seguinte :: Entrevista atiendes.com]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión