Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio11 | FeiraVirtual    


A Feira Virtual



Agora que chega o verán, podemos cambiar o noso sofá habitual da sesta por unha exótica hamaca olgada no xardín, ou mesmo na parede da casa...Hai unhas preciosas hamacas artesanais e 100% algodón en ww.hamacascolgantes.com a partir de 39 euros. Ademais, a súa venda contribúe ó desenvolvemento dunha zona indíxena do Paraguay, onde o cultivo do algodón é o principal traballo das familias do lugar. Son importadas  Europa por Gangandaluza Distribuidora. O proceso de fabricación a man destas hamacas pode verse na web a ravés dun pequeno vídeo.

www.hamacascolgantes.com



Os protagonistas da guerra en Irak a tamaño dunha boneca barbie son os heroes desta tenda electrónica americana. Bush, Sadam, Tony Blair e Bin Laden, musculosos bonecos articulados para xogar á crúa realidade, véndense como churros nesta páxina web. Os prezos oscilan entre os 24 e os 30 dólares. Tamén hai un Michael  ackson con bebé incluido, o “Baby Drop”, que simula a escena de cando o famoso artista sacou un neno ó balcón. A empresa tamén permite encargos de bonecos persoalizados, que se parezan á persoa que nós queiramos.

www.herobuilders.com



SellosdeCaucho.com é unha empresa pioneira na venda de selos de caucho, automáticos e bolígrafos selo a través de Internet. Esta tenda-e elabora o proxecto de selo que escolle o cliente e dálle o presuposto on line, sen compromiso. Os modelos de selos adáptanse á medida e ólogotipo que se pida. Na web prometen atender ás consultas dos clientes en menos de 8 horas de luns a venres, e inciden na garantía, seguridade e rapidez de entrega dos seus productos, que en 24 horas chegan ó seu destino.

www.sellosdecaucho.com


 
Revista


[Anterior :: Novas]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión