Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio11 | EstratexiaWeb    


Estratexia web: Posibilidades das listas de correo

As listas de correo [?] constitúen unha magnífica ferramenta de marketing para atraer, conseguir, manter e fidelizar clientes a través de Internet. Por iso é importante ofrecer ós visitantes da web algo que lles proporcione valor engadido, é dicir, que poidan acceder a contidos de calidade e información interesante ó subscribirse á lista de correo [?], como noticias, novidades de productos e servicios, artigos, promocións, estudios, consellos, concursos ou reportaxes. Desta forma iremos creando unha base de datos de persoas coas que nos comunicaremos periodicamente eque, co tempo, poden ir convertíndose tamén en clientes.

Os usuarios subscritos a unha lista de correo [?] deron o seu consentimento para recibirmensaxes e adoitan ter unha afinidade ou interese común, polo que constitúen un público moi apetecible para as empresas que comercializan productos ou servicios relacionados coa temática da lista.
Tamén podemos tratar de coñecelos mellor se á hora de rexistrarse na lista solicitamos, ademais do seu email, algún dato adicional como localidade, país, sexo, estudios, profesión ou ano de nacemento. Así poderemos segmentalos por perfil e ofrecerlles contidos axeitados e información comercial que lles interese. Tamén se pode aproveitar algunha mensaxe á lista para incluír un test ou algunha pregunta que nos permita saber máis sobre as súas preferencias, inquedanzas e necesidades.

As listas de correo [?] poden ser de dous tipos:

- Listas de distribución ou newsletters: só o propietario da lista pode enviar mensaxes ós seus membros. Adoita empregarse para distribuír un boletín ou realizar comunicacións das novidades e promocións da empresa. Na Rede existen casos de usuarios que pagan por subscribirse a unha publicación virtual. Obviamente, os contidos teñen que ser de interese para queos usuarios estean dispostos a pagar por eles.

- Listas ou foros [?] de discusión: onde calquera dos integrantes da lista pode enviar unha mensaxe ó resto dos membros. Adoitan ser unha magnífica ferramenta para debatir temas de interese común e coñecer as inquedanzas dos subscritos.
Ademais, dispoñer na web dunha lista ou foro [?] de discusión pódenos axudar a aumentar o número de persoas rexistradas na nosa base de datos. Recoméndase que estas listas sexan moderadas, co cal garántese que as mensaxes que reciban os eus membros teñan un mínimo de interese, e evitar as mensaxes ofensivas ou o spam, que simplemente perseguen a autopublicidade sen ofrecer nada.
Nestes dous tipos de lista, a empresa pode vender espacios publicitarios dentro do contido das mensaxes enviadas ós usuarios (buscar un patrocinador, inserir un bannerou un anuncio de texto).
Por último, destacar que en cada unha das mensaxes que se envíen á lista debe existir un procedemento que permita ó usuario darse de baixa.

Manuel Trincado
Dirección e Estratexia Web
mtrincado@winred.com
www.WinRed.Com

 
Revista


[Anterior:: Enlaces sobre loxística]

[Seguinte :: Os nosos enlaces]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión