|
e-negociogalicia entrevista a Antonio Mas, fundador de Movizonia.com e secretario xeral de Atiendes (Asociación Española de Tendas Electrónicas), que agrupa preto de vinte empresas, moitas delas líderes no seu oco de mercado. Mas reflexiona sobre o comercio-e en España.
Pregunta: ¿Como define a situación do comercio-e en España? ¿Cales son as súas perspectivas de futuro? Resposta: Tódolos indicadores do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, da CMT e doutros informes din que o desenvolvemento da Sociedade da Información en España é baixo. A súa evolución durante o período 99/2002 non diminuiu o diferencial con outros países do noso contorno. E o comercio-e vai á par. Lento. Con grandes crecementos, pero partindo dende tan baixo que a cifra segue sendo pouco significativa. As perspectivas de futuro son boas, pois o seu percorrido á alza é constante, pero deberían ser mellores, e para iso precisa dun pulo da administración que ata o momento non se deu.
P: ¿Que se aprendeu da crise das puntocom? R: A crise baseouse en expectativas de crecemento. Se a mediados do 1999 lle das a cifra de vendas que fai o comercio-e hoxe a calquera analista, este tacharíate de pesimista. Hoxe é moi fácil falar daqueles excesos en investimentos, persoal e tecnoloxía, pero no seu momento os máis prestixiosos investidores, bancos, estudios de mercado, etc. auguraban que Internet penetraría con tal forza e rapidez na nosa economía que quennon estivese na Rede estaría morto. Era difícil contradicir a tanto investimento e mentes brillantes avanzando na mesma dirección. Se hai unha lección é que debemos construír as empresas baseándonos nas realidades dos mercados.
P: ¿Que aspectos cre fundamentais para que unha tenda-e teña éxito? R: Unha tenda con éxito a pé de rúa xa significa ter o 90% dos aspectos cubertos, pois ó empresario resultaranlle moi familiares: atención ó cliente rápida, eficaz e clara, presentación adecuada do producto e do proceso de compra e rexistro, oferta ampla e profunda con especialización nunha categoría de producto, tenda fácil, segura e usable onde o usuario estea cómodo... Se hai unha receita segura de éxito é, como en calquera sector, que debemos aprender dos outros e das nosas experiencias. Os que chegan agora xa coñecen as traxectorias de anos doutras empresas. Cando empezabamos no 1999 tiñamos que imaxinar estratexias e funcionar co método ensaio-erro, pois ninguén sabía exactamente que había que facer.
P: ¿O comercio-e chega a todo tipo de lientes ou está máis orientado cara un determinado sector? R: Hai productos que se adaptan ellor ou peor a Internet, pero é unha canle de utilidade para calquera. Non só como canle de venda, senón tamén e información. En EEUU o 60% dos compradores dun automóbil documentáronse previamente por nternet antes de tomar a súa decisión e compra.
As tendas-e españolas, “en desigualdade de condicións” mellor resposta ós clientes cunha infraestructura axeitada
Pregunta:¿Venden nas mesmas condicións as tendas-e españolas que as estranxeiras e as americanas? R: Non. As tendas americanas non cobran o IVE (son un 16% máis baratas) e outros mercados non teñen limitacións nos descontos. Por exemplo, os prezos dos libros en España están regulados e non permiten os descontos que fai Amazon.
P: ¿Como afecta a lexislación? ¿A LSSICE contribuiu a xerar máis confianza no comercio electrónico? R: A LSSICE afecta dunha maneira secundaria ó comercioe porque as tendas con proxectos serios estaban preparadas para ela, superando os seus artigos na maioría das ocasións. Pero creo que o exceso regulatorio está limitando oportunidades e obrigando a custos adicionais a empresas que estamos nun sector aínda incipiente.
P: ¿Reciben un trato diferente as tendas-e españolas con respecto ás físicas por parte de provedores, fabricantes, distribuidores, entidades financeiras...? R: Si. E en moitos casos vulneran a competencia ó ofrecer condicións diferentes ás tendas virtuais. Algúns sectores pechan os ollos e as portas a Internet porque racha a forma tradicional de distribución. A situación coas entidades financeiras é aínda máis escandalosa: chegan a pagarse comisións bancarias máis elevadas que para outras canles de distribución, aínda vendendo os mesmos productos. E iso que ás entidades financeiras élles máis barata esta operación; non se necesita instalar hardware caro e a tenda paga a implantación da pasarela de pago.Isto pódese xustificar polo risco de devolución das operacións non presenciais (sen firma) de Internet pero, en caso de devolución da tarxeta, cárgase á conta do comercio, polo que o risco é cero, e cobran máis comisión. Esperamos que a banca aposte por sistemas de pago seguros e remate con esta situación.
|