|
|
A loxística e a distribución comercial son factores determinantes para o éxito dun negocio electrónico. As empresas dos países máis desenvolvidos do noso continente son coñecedores disto, e por iso xa teñen detectada a dificultade de contar cunha boa loxística como unha das barreiras cara a expansión do comercio electrónico. Así se desprende do informe Eurostat, que cifra nunha de cada tres as empresas que se atopan co problema da distribución comercial. Pola contra, segundo o informe e-Barómetro Empresas do 2002, a concienciación que teñen as empresas galegas da importancia dunha boa loxística é aínda escasa. Moitas preocúpanse de temas máis superados, como a seguridade nas transaccións ou a falla de lexislación. Así, en Galicia tan só o 12,4% das nosas PEMES detectan a ausencia de estructura loxística como unha barreira cara a expansión do negocio on line.
Estes datos amosan a necesidade de concienciación tanto das PEMES galegas como das empresas distribuidoras da importancia da loxística e da necesidade de incidir na súa mellora, como requisito imprescindible cara o desenvolvemento do comercio-e. Algunhas empresas xa o saben, e as primeiras medidas xa se están empezando a tomar: a creación de áreas específicas para o comercio electrónico nas empresas distribuidoras son un bo exemplo.
 |
| e-Comic: Nada persoal |
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|