|
A Cámara de comercio de Ferrol promove un portal [?] turístico destinado ás empresas do sector para que amosen na Rede as súas ofertas turísticas. O portal [?] enmárcase no Plan de Consolidación e Competitividade da PEME do Instituto Galego de Promoción Económica.
Dende abril está en funcionamento a web www.elferrol.info, un portal [?] de turismo dirixido tanto ás empresas de Ferrol, Eume e Ortegal como ás persoas que queiran visitar a zona. O portal [?] está promovido pola Cámara de Comercio de Ferrol. A través del, a Cámara ferrolán quere poñer a disposición das empresas as facilidades técnicas necesarias para que poidan amosar na Rede a súa oferta turística. O obxectivo que persegue é que as empresas do sector incorporen as novas tecnoloxías e aumenten a súa presencia corporativa na Rede. Deste xeito, téntase gañar mercado, xa que dende a propia Cámara constatouse que o sector turístico da zona ten unha promoción baixa, e a Rede pode reportar bos resultados neste eido.
O portal [?] conta con información de interese para as persoas que queiran pasar uns días de lecer na zona. Na páxina, ademais de acceder a información histórica e xeográfica, os turistas poden buscar lugares onde aloxarse e comer. Polo de agora elferrol.info ten 15 empresas adscritas ofrecendo os seus servicios: sete hoteis, sete bares e restaurantes e unha empresa de turismo activo. O portal [?] está aberto á incorporación doutras empresas do sector turístico dos 22 municipios que cubre a Cámara de Comercio de Ferrol.
www.elferrol.info
O proxecto europeo e-MINDER encara a súa recta final
O proxecto IST e-MINDER, que pretende formar unha rede de centros de competencias en comercio electrónico en Europa, encara a súa recta final, xa que remata o vindeiro mes de setembro. Os participantes, a rexión de Pomerania (Polonia), Chipre e Galicia (a través do CESGA), ultiman nestes momentos a celebración dunha conferencia en Bruselas no mes de xullo que sirva para presentar os resultados finais do proxecto, entre os que se atopa un manual de referencia para a creación de futuros centros de competencias en Europa.
www.eminderproject.com
espaciopyme.com |
Servicios empresariais
www.espaciopyme.com
A través desta web as empresas poden negociar solicitando ou ofrecendo presupostos a outras empresas. Ademais, ten unha sección de links a compañías que ofrecen servicios empresariais como asesoría contable, busca de información, subvencións, emprego, etc.
|
marketingycomercio.com |
Marketing na Rede
www.marketingycomercio.com
Web para directivos de empresa, marketing e responsables de Internet de pequenas e grandes empresas. O seu obxectivo é proporcionar información de calidade que sirva como ferramenta para a toma de decisións. Ten seccións como marketing, B2B, B2C, banca virtual, seguridade e normativa.
|
vue.es |
Ventaíña Única Empresarial
www.vue.es
A Ventaíña Única Empresarial é unha iniciativa da Administración do Estado que tenta facilitar ó emprendedor a información necesaria para a creación dunha empresa (pasos previos, deseño da empresa e creación). A web conta tamén cun buscador de axudas e subvencións.
|
Os libreiros queren unirse en Internet a través de www.libreros.org
O pasado mes de abril presentouse na librería compostelana Pedreira o proxecto Cegalnet, instrumento co cal a Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros (Cegal) pretende posicionar ás librerías en Internet e as novas canles de negocio. O proxecto Cegalnet materialízase no portal [?] www.libreros.org. Este portal [?] está pensado para unir ás pequenas librerías españolas a través da Rede. O portal [?] supuxo un investimento inicial de 3 millóns de euros, dos cales 1,8 millóns foron destinados ó área de B2C e 1,2 ó área de B2B. Polo de agora, as librerías adheridas ó proxecto en toda España son máis de 250, oito das cales son galegas. O obxectivo é acadar as 3.000 librerías adheridas dentro de dous anos. A seguridade da pasarela de pagos [?] do portal [?] está garantida polo BBVA.
Sistema de contratación on line de anuncios no Faro de vigo
Faro de Vigo e SICOM veñen de poñer en marcha un sistema informático que permite a contratación on line de anuncios clasificados nas seis edicións impresas do diario. Brevesnet, como se chama o sistema, ofrece ós internautas a posibilidade de inserir anuncios, escoller os días e a sección na versión física do periódico. O programa permite, ademais, pagar o servicio con tarxeta de crédito e emite unha factura ó final do proceso. Este servicio emprega a pasarela de pagos [?] de Caixanova, que garante a seguridade e a confidencialidade no pago.
https://farodevigo.brevesnet.com/
|