|
As empresas galegas do sector da flor e das plantas teñen na Rede unha canle que poden aproveitar de modos diferentes, segundo as súas características, para mellorar a súa rendibilidade. Tres negocios galegos: Florvertical.com, Verdilugo.com e a Asociación de Productores de Plantas Ornamentais de Galicia (ASPROGA) amosan xeitos diferentes de se potenciar a través de Internet.
ASPROGA aposta a medio prazo polo comercio-e
A Asociación de Productores de Plantas Ornamentais de Galicia (ASPROGA) contará cunha nova web en setembro deste ano. O obxectivo final da páxina é que as empresas asociadas integren as novas tecnoloxías nos seus negocios para acabar vendendo pola Rede a longo prazo, segundo o xerente da asociación, Benjamín López. Hai que ter en conta que os 41 membros actuais de ASPROGA teñen como clientes a pequenos viveiros (gardens), floristerías e administracións. Polo momento, a páxina terá dúas seccións cos seus propios obxectivos: unha sección pública con contidos para afeccionados e outra privada na que os asociados terán unha vía de comunicación interna. Nun futuro, a web servirá como canle axilizadora dos procesos de venda.
Verdilugo |
Verdilugo tira proveito da promoción on line
Verdilugo, unha empresa adicada ó mundo das flores, plantas e elementos de xardín, conta dende o 2001 cunha páxina web. Segundo o xerente da empresa, Germán González, Verdilugo.com nace co obxectivo de que os clientes poidan informarse sobre as súas instalacións, productos e servicios. A web, que non ofrece servicios de comercio electrónico, repercutiu favorablemente na tenda física. Os seus clientes chegan xa informados dos seus productos e servicios, e a nivel maiorista as vendas aumentaron entre un 5 e 10 por cento. A intención de Germán González é vender nun futuro a través da Rede, como nova canle a través da que comercializar os productos dun xeito rápido e eficaz. Polo de agora, a web é “unha pequena fiestra” da empresa.
www.verdilugo.com
|
 |
Florvertical
|
Florvertical.com: 5.000 empresas asociadas dos cinco continentes
O portal [?] Florvertical.com acadou no 2002 uns beneficios de 16.000 euros, tras amortizacións e impostos. Recén cumpridos os seus primeiros dous anos de funcionamento, o portal [?] conta con máis de 5.000 empresas asociadas dos cinco continentes e con 2.800 asociados ó seu clube “Pon Flores e Plantas na túa vida”, dirixido ós afeccionados das flores e das plantas. O Conselleiro Delegado de Flor Vertical S.L., José Antonio Montes, fala sobre os dous anos de andanza do portal [?].
Pregunta: ¿Cal foi o problema máis importante que vos atopastes na Rede?
Resposta: Sen ningunha dúbida, o principal obstáculo foi que o profesional do sector se decidise a tirar proveito dunha ferramenta tan útil como Internet. Desmitificar a idea “Internet non é para min” foi unha das tarefas máis difíciles. Tivemos que modificar todo o noso plan de comunicación e desligarnos un pouco do concepto tecnolóxico apostando máis porque o profesional do mundo das flores nos identificase como unha nova canle de comunicación para a súa empresa e os seus productos.
P: ¿Que resultados está a ter a vosa estratexia de internacionalización?
R: Actualmente estamos nunha fase de desenvolvemento dunha nova plataforma multilingüe que incorpore un mercado B2B puro. Esta nova plataforma multilingüe contará cuns soportes tecnolóxicos fortes que nos permitirán afrontar a nosa política de expansión internacional con maior solidez.
P: ¿Cal será a evolución do portal [?] a curto e medio prazo?
R: A finalización da plataforma multilingüe co mercado electrónico permitiranos levar a cabo proxectos de implantación internacional baixo un réxime de franquicias. Xa son varios os franquiciados de diversos países interesados. O obxectivo final é convertirse nunha ferramenta tecnolóxica que permita facer negocios on line en todo o mundo, pero sen ter que sobrecargar a estructura da nosa empresa matriz e cedendo a explotación a empresas nativas por un canon.
|