Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio10 | FeiraVirtual    


A feira virtual



Crea o teu propio perfume en Dendanet

Dendanet, S.L., afincada en Bizkaia, xestiona un portal [?] cun amplo catálogo de perfumes. A orixinalidade desta tenda reside na posibilidade do cliente, xa sexa home ou muller, de persoalizar o perfume que mercará mediante un cuestionario de personalidade que dá como resultado unha determinada fragancia e un deseño especial para o frasco. A web conta con información sobre o mundo dos perfumes e un glosario xeitoso. Os precios dos perfumes rondan os 6 euros.

www.dendanet.es



Marcapáxinas e ex-libris para adornar a lectura

Marcapaginas.com é unha coidada tenda virtual dirixida ós que gostan de decorar os seus libros con marcapáxinas, ex-libris, etiquetas con nome para libros infantís, etc. Os marcapáxinas, dun euro, pódense elixir con motivos arabescos, inspiracións de El Bosco, cidades, otomanos e debuxos de nenos. E se queremos persoalizar a nosa biblioteca colocando o noso nome en cada novo libro, elixiremos un ex-libris persoal (hainos grandes, pequenos e para nenos, de diferentes prezos). Unha idea que propón Marcapaginas.com ás empresas é a de utilizar os seus productos como artigos promocionais para agasallar aos seus clientes.

www.marcapaginas.com



Abanos valencianos que alivian a calor

¿Sabías que saír ó balcón abanicándose significa “sairei máis tarde”? Historia, códigos de linguaxe e diferentes modelos, a web de Abanicos Tarsa, tenda especializada desde 1928, ten de todo sobre o mundo do abano artesán. De plástico, de madeira, para bailes, con flores pintadas a man, con litografías ou lisos se o único queremos é levar mellor a calor deste verán. Ademais, na web explican o proceso de elaboración deste producto típico da artesanía valenciana.

www.abanicostarsa.com


 
Revista


[Anterior :: Estratexia web]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión