|
O e-mail como ferramenta de promoción en Internet
|
|
|
|
|
De nada serve ter unha web se non se coñece a súa existencia: debemos promocionala e ofrecer razóns para que nos visiten. Para isto, dispoñemos de dous tipos de promoción:
- On line: a través de ferramentas de Internet como o e-mail, banners [?], newsletters, foros [?] e listas de discusión, a cesión de contidos on line, o intercambio de enlaces, as redes de afiliación ou publicacións dixitais.
- Off line:a través de medios convencionais como a TV, radio, prensa, revistas, mailings, valos, folletos ou tarxetas.
Se nos centramos na promoción on line a través das ferramentas que Internet pón á nosa disposición, a máis empregada, de maior éxito e máis económica é o correo electrónico. A través do e-mail podemos establecer, dun xeito rápido, unha relación e un diálogo co destinatario, o que permite achegarnos ás súas necesidades e demandas. Cada e-mail que enviemos é unha magnífica tarxeta de visita; por exemplo, inserindo algunha frase sobre a nosa empresa no pé de firma da mensaxe (que inclúa ó menos o enderezo da web) ou engadindo información adicional sobre a actividade da empresa ou a súa ubicación. Tamén podemos comentar informacións de interese, sempre tendo moi presente quen é o destinatario e o motivo do envío da mensaxe. Por exemplo, se estamos participando nunha lista ou foro [?] de discusión relacionada coa actividade ou temática da empresa, é pertinente deixar mensaxes noutras webs que visitemos ou enviar notas de prensa a medios de comunicación dixitais ou tradicionais con presencia en Internet. Agora ben, é fundamental evitar xerar o efecto contrario ó desexado, é dicir, caer no spam ó enviar un e-mail a alguén que non o solicitou, ou incluír información sobre a empresa sin estar relacionado co motivo da mensaxe. A través do e-mail podemos tratar de conseguir novos clientes ou fidelizar ós xa existentes, ademais de prestar un magnífico servicio de atención ó cliente. Por este motivo, debemos procurar ofrecer valor engadido ós internautas que visitan a nosa web para que deixen o seu email (subscrición a un boletín, regalo dunha revista, participación nun sorteo, mantelos avisados da información de interese, envío de novidades, etc.) co fin de crear unha base de datos de enderezos de clientes e usuarios ós que manter informados.
Por último, tamén é posible realizar unha campaña de permission marketing [?], que permite enviar publicidade a destinatarios cun perfil definido e que deron o seu permiso para recibir publicidade no correo electrónico. Non debemos esquecer que unha acción de e-mail marketing permítenos saber cantas persoas viron a mensaxe e o nivel de resposta a unha mensaxe, o que nos axudará a perfeccionar a eficacia das nosas campañas.
Manuel Trincado Dirección e Estratexia Web mtrincado@winred.com www.WinRed.Com
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|