Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio10 | Emprendedores2    


¿Por qué internet como canle de negocio?


José Antonio Noya
José Antonio Noya

“Permite chegar a públicos máis amplos”

José Antonio Noya está argallando a posta en marcha dunha páxina web. Para el, a Rede amplía as opcións de negocio: "Internet supón, como ferramenta e como canle, novas posibilidades de negocio, e permite levar adiante ideas propias. Ademais, xera máis interactividade co usuario ou cliente, o que supón un contacto máis persoal, bidireccional. Outra das posibilidades é que dá máis independencia que outras canles de negocio, aínda que seguen a ser necesarias as subvencións para sacar adiante os proxectos orientados á Rede. Ademais, a través de Internet podes chegar a públicos máis amplos ou máis específicos, segundo o producto ofertado".


Manuel Buezas
Manuel Buezas

“Ten proxección nun futuro inmediato”

Manuel Buezas García tamén ten entre mans un proxecto centrado en Internet: "Eliximos a Rede porque é a canle que cremos que ten máis proxección nun futuro inmediato. Como medio de establecer negocio é a ferramenta máis operativa, a que serve mellor ós nosos intereses á hora de xerar comercio electrónico. A Rede achega ó noso negocio unha utilidade fundamental: é un forte medio de expansión e abarca un espacio xeográfico maior. Mentres que a tenda física recorta o ámbito xeográfico de negocio, as posibilidades de expansión de Internet son moito maiores e pódense abarcar mercados moi diversos".


 
Revista


[Anterior :: Emprendedores]

[Seguinte :: Dominios]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión