Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio10 | Editorial    


Editorial

Chegou o momento de extender o emprego da factura dixital. Unha vez que Facenda lle conferiu plena validez, a súa popularización entre as empresas é tan só cuestión de tempo. As vantaxes da factura dixital son enormes e van contribuír a que nun curto espacio de tempo as empresas que empregan este sistema aforren o 20% dos seus custos administrativos asociados ás facturas, segundo asegura a Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC). Aforro de tempo, aforro de cartos, axilización das relacións provedorcliente, etc. son só algunhas das bondades deste sistema. Pola contra, os requisitos son poucos e básicos: ter ordenador, conexión a Internet e un certificado de firma electrónica avanzada expedido pola Axencia Tributaria.

Nestes momentos, algunhas das grandes empresas españolas xa están a empregar a factura electrónica. Son elas as que, debido ó alto volume de facturas que xeran, máis proveito lle poden sacar. Sen embargo, queda por popularizar o sistema entre as PEMES. Para isto, o papel das grandes empresas e provedores é fundamental, como locomotora á que se poidan enganchar as pequenas empresas.

e-comic
e-comic

 
Revista


[Seguinte :: Mercado da flor]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión