Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio09 | RecursosHumanosI    


Recursos Humanos na Rede: á procura do traballador

A Rede aparece como unha canle na que as empresas poden captar traballadores, reducindo de xeito considerable os custos do proceso. Actualmente, moitas empresas empregan a Rede de xeito complementario ós métodos tradicionais de captación de traballadores. No futuro, este tipo de servicios on line, segundo o responsable de RRHH do Banco Pastor, Emilio Martínez, “será o método habitual” de busca de empregados.

Para unha empresa, a busca de traballadores adecuados é un proceso custoso, tanto en tempo coma en recursos. Internet, gracias ás súas características, permite reducir de xeito significativo o custo temporal e o económico deste proceso. Por exemplo, mentres que na Rede unha empresa ten diversos xeitos de facer públicas as súas ofertas de traballo de xeito gratuíto, o custo aproximado dun pequeno anuncio de catro módulos o domingo nun xornal rexional ronda os 440 euros.
A opción máis coñecida que ofrece a Rede neste ámbito é a das páxinas de recursos humanos, onde a través destes intermediarios, pódense atopar empresas ofertantes e traballadores demandantes de emprego.

COMBINACIÓN DE MÉTODOS

Pero a busca de traballadores a través da Rede ten tamén aspectos negativos. Unha das principais barreiras de Internet neste eido é o nivel de penetración de Internet, que pode limitar a resposta de traballadores dunha zona determinada á oferta de traballo dunha empresa, se o comparamos coa resposta que se pode obter a través da prensa rexional.
Segundo os expertos, unha das mellores estratexias para unha empresa que estea a buscar traballadores consiste en combinar a busca on line cos métodos tradicionais, fundamentalmente cos anuncios de prensa, pero reducindo o tempo e os recursos investidos neste segundo método.

Internet e os RRHH

Vantaxes:
- Aforro económico.
- Rapidez do proceso.
- Maior información.
- Segmentación do proceso.
- Fácil identificación do perfil do candidato.

Inconvintes:
- A aínda baixa penetración da Rede.
- A confidencialidade dos datos.
- Pouca resposta de perfís de baixa cualificación.
- Pouca resposta de perfís directivos.

Posibilidades que a Rede ofrece ás empresas

1) As páxinas de RRHH:
Permiten ás empresas acceder a unha grande base de datos de currículos e publicar ofertas de traballo.

2) A web corporativa da empresa:
A empresa pode ofertar traballos na súa web, e mesmo facilitar a posibilidade ós traballadores de enviar o CV por e-mail.

3) Bolsas de emprego:
Características de organismos públicos. As empresas colgan as súas ofertas de xeito gratuíto nestas bolsas.



 
Revista


[Anterior :: Iniciativas Galegas]

[Seguinte :: RRHH na Rede (II)]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión