Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio09 | Iniciativas    


Os productos da terra tamén se venden a través de Internet




MusicalJR canaliza o 30% das súas vendas por Internet


Musical JR é unha tenda que vende instrumentos artesanais dende 1998 en Carballo, aínda que o seu obradoiro conta con máis de 15 anos de existencia. En 1999, decidiron crear a web www.musicaljr.com, coa intención inicial de "dar máis publicidade ó obradoiro de artesanía e para que a xente de fóra de Galicia podera coñecelo", conta o seu xerente, Luís Rodríguez.

O obxectivo publicitario inicial foi desaparecendo en favor da expansión de mercado non só ó territorio español, senón tamén a países coma Francia, Bélxica, Italia, Arxentina, Uruguai ou Chile. Agora, a través da súa web, Musicaljr canaliza o 30 por cento da súa producción. Na páxina pódese atopar un catálogo especializado en tres productos elaborados artesanalmente ó xeito tradicional: gaitas, instrumentos de percusión (pandeiretas, tambores, bombos, bothran irlandés, etc.) e accesorios. Ó facer un encargo cabe a posibilidade de persoalizar o instrumento desexado, xa que "as gaitas, por exemplo, poden ter varias posibilidades de vestilas ou anelalas", di Luís Rodríguez. Ademais, ofrécese ó visitante unha descrición sobre o que é a gaita galega e as pezas que a compoñen e, en xeral, pódese consultar todo tipo de información acerca da  música popular galega.
A web foi creada e é actualizada pola empresa Abertal e na súa posta en marcha colaborou a Consellería de Innovación, de Industria e Comercio. Como web, foi premiada polo portal [?] Terra e os seus productos posúen o selo "Artesanía de Galicia".

www.musicaljr.com

A extranet potencia as vendas de peixe de Manuel Hortas

A empresa Manuel Hortas Canosa naceu hai máis de 25 anos como un proxecto especializado na exportación de peixes e mariscos. O seu labor centrábase na compra de toda clase de especies nas lonxas galegas, sobre todo marisco. Máis tarde entrou no mercado europeo, realizando importacións directas vía aérea de cigala. Por esa época, a compañía puxo en funcionamento un viveiro de marisco, que abastecía ás principais lonxas galegas. Coa reducción de capturas, a empresa buscou alternativas, ata que a finais dos 80 chegou a acordos con compañías  e armadores para a introducción de conxelados. A intranet [?] de Manuel Hortas foi creada no 1995 e o sistema de vendas ós seus clients (extranet), no 1996. En 1999, segundo fontes da empresa, facturou 3,6 millóns de euros en vendas a través da Rede.

O Grupo Manuel Hortas, na procura de aplicacións intuitivas e útiles, apostou pola persoalización da tenda virtual para cada cliente. Os pedidos a esta empresa pódense realizar en www.manuelhortas.com ou dende un teléfono móbil con tecnoloxía WAP no enderezo www.manuelhortas.com Con esta iniciativa, cliente ve reducido o tempo de resposta unha vez encargado o pedido. Dende o momento no que merca, pode consultar o estado do seu pedido a través de Internet. En canto o recibe, pode ver a súa factura, descargala e imprimila.

www.manuelhortas.com


Cruceiro de pedra á venda en Lavelis.com
Cruceiro de pedra á venda en Lavelis.com

Lavelis vende cruceiros e fontes de pedra na Rede

A PEME galega ofrece cada vez máis exemplos de negocios orientados ó mercado da Rede. É o caso de Lavelis.com, nacida en setembro do 2002 con dous socios e un desembolso inicial de 3.000 euros. Lavelis vende productos de decoración e agasallos a través do catálogo da web, e ofrece a posibilidade de persoalizalos. Segundo conta o xerente da empresa, Tomás Outón, venden "pezas que o usuario non pode mercar nunha tenda habitual, pois moitos usan a Rede para comparar os prezos cos das tendas físicas, que é onde finalmente acaban mercando”. En Lavelis hai tapices, productos de artesanía e alambiques. Este é un dos productos máis solicitados, porque é "moi raro de atopar". Tamén os productos de pedra, como os cruceiros ou as fontes, son moi demandados. O soporte técnico de Lavelis faino Alsernet, a súa pasarela de pagos [?] é Caixa Galicia e a loxística lévaa MRV. Como PEME, o obxectivo é lograr a rendibilidade da web en si mesma e consolidarse na Rede a través dos contratos en exclusiva con fabricantes, artesáns e distribuidores dos productos, consolidándose como marca propia.
Actualmente, os pedidos chegan de toda España, aínda que tamén venderon en Suíza e hai clientes interesados dende Arxentina, Perú e México.

www.lavelis.com


 
Revista


[Anterior :: Construir unha Tenda Virtual]

[Seguinte :: RRHH na Rede]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión