Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio09 | EMarketing    


e-marketing: O intercambio de enlaces (I)

Como dixemos en capítulos anteriores, para atraer visitantes a unha web non é suficiente con ter unha páxina atractiva e ben deseñada. A promoción, tanto por cauces tradicionais como por Internet, é imprescindible e nesta última canle (a Rede), o intercambio de enlaces (ou ‘links’) é un recurso que amosa grande efectividade.
O funcionamento do recurso que estamos a tratar é simple: nunha Rede con milleiros de páxinas, contaremos coa maior cantidade posible de enlaces que dirixan ós usuarios cara á web que nos interesa.  Isto é, cantos máis enlaces, máis visitantes teremos. Un enlace (ou “link”) é unha palabra ou grupo de palabras que se atopan nunha páxina web e que dan acceso a outra páxina do mesmo ‘sitio’ ou a outra web.
O intercambio de enlaces é unha acción promocional das máis empregadas e das que mellor resultado dan sen investimento económico. Non en van, o 68% dos internautas atopan as páxinas web a través de enlaces en páxinas, segundo asegura un dos últimos estudios de e-marketing neste eido.
É importante resaltar que esta técnica é unha colaboración mutua na que dúas páxinas/negocios on line obteñen beneficio e rendemento, e para poñela en práctica non é necesario ningún investimento de cartos, pero si de tempo. Isto é, cómpre localizar as páxinas interesantes, contactar con elas, negociar o enlace, etc...

ESCOLLA BEN OS ENLACES

Para levar a cabo unha campaña de intercambio de enlaces, é condición necesaria escoller con coidado as páxinas coas que queremos realizar o intercambio. O noso obxectivo deberían ser páxinas complementarias ou relacionadas co noso negocio/actividade. Por exemplo, se a nosa web vende balóns de fútbol, incluír un enlace a un xornal de deportes sería máis que recomendable. Deste xeito, o tráfico de internautas que se interesan polos contidos no xornal de deportes (potenciais clientes e co perfil axeitado) poderían terminar mercando na nosa web.
Pola contra, non ten sentido que unha páxina que ofrece balóns de fútbol teña enlaces cunha librería on line. O seu mercado é moi distinto. Tamén hai que resaltar, aínda que é obvio, que non convén ter enlaces con páxinas da competencia directa.

 
Revista


[Anterior :: RRHH na rede (II)]

[Seguinte :: Enlaces]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión