|
|
|
frogy.net
A tenda virtual Frogy vende dende hai quince anos productos de Antroido, que importan “dos lugares máis remotos do Extremo Oriente”. Cun pouco de sorte, podemos atopar no seu catálogo de productos o detalle que nos falta para o noso traxe de Antroido: as típicas bromas, complementos para unha perfecta caracterización (bigotes, perrucas, gafas…), maquillaxes e máscaras. Á parte de contar con servicio de envío urxente, na web desta tenda que posúe as súas instalacións en Cádiz prometen facer a entrega en 48 horas.
www.frogy.net
|
|
chocomania.info
A páxina de Chocomanía ten unha exquisita liña de placas decorativas e figuriñas de chocolate con decoracións especiais para as nosas festas e celebracións. Chocolate negro, con leite, branco e pintado inspirado nos deseños tradicionais para o Nadal, o Día de San Valentín, o Día de San Jordi e tamén para a Semana Santa -¡non deixedes de ver o catálogo de rosarios de chocolate e as “monas” de Pascua!-. Algúns pedidos pódense recibir en 24 horas para a Península.
www.chocomania.info
|
|
lourdesdirect.com
Os artigos de culto e souvenirs relixiosos na tenda virtual de Lourdes, especializada nesta virxe, veñen directamente da vila francesa de Lourdes e poden atoparse nas tendas da Cidade Mariana. Poder ofrecer os artigos ós fieis que non poden viaxar ata Francia é o obxectivo deste negocio virtual, que incorpora á súa oferta o servicio de envío da Auga de Lourdes. Tamén ofrece regularmente seleccións de artigos para celebracións especiais, como festas relixiosas, comunións, bautizos…
www.lourdesdirect.com
|
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|