Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio08 | Editorial    


Editorial

Os derradeiros datos que nos deixa o informe e-Barómetro 2002 sobre Usuarios volve amosar algúns datos significativos. Como xa sabiamos, os internautas galegos non empregan tanto o comercio electrónico para mercar (fano o 8,4%) como os europeos (35%), pero en cambio si amosan uns hábitos de compra moi similares. Referímonos ós productos “estrela” máis mercados pola Rede, que tanto no resto do continente como en Galicia seguen a ser basicamente os mesmos.

Así, o turismo consolida o comercio electrónico como unha canle de venda non xa de futuro, senón cun presente brillante, como xa dixemos no número 04 de e-negociogalicia e que agora confirman o 29,7 por cento dos compradores on line que empregan Internet para facer reservas ou mercar viaxes. Por detrás deste sector, ó igual que en Europa, as librerías seguen con fortes vendas na Rede (28,4% das vendas de comercio electrónico), así como a música (24,7%) e os aparellos de informática (17,5%). No aspecto negativo, productos a priori susceptibles de venderse ben por Internet como os xoguetes (3,4%) ou o equipamento de oficina (2,5%), seguen sen despegar en vendas na Rede.


 
Revista


[Seguinte:: Iniciativas Galegas]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión