Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio07 | TendaVirtual    


Como construir unha tenda virtual (IV): a pasarela de pagos

Estamos inmersos de cheo nunha iniciativa de comercio electrónico. Xa temos un catálogo de productos na nosa web, incorporamos o carriño da compra e agora hai que refrendar esta iniciativa coa incorporación da pasarela de pagos [?] ou TPV virtual (Terminal Punto de Venda). Trátase dun paso no que hai que contar coa colaboración dunha entidade financeira.

A pasarela de pagos [?] ou TPV virtual (Terminal Punto de Venda) é un sistema semellante ó das TPV que hai nos establecementos comerciais tradicionais e que se empregan para que os clientes podan pagar con tarxeta. A diferencia radica en que a pasarela de pagos [?] dunha web é un programa informático proporcionado por unha entidade financeira que permite a aceptación de pagos por Internet feitos por tarxeta de crédito.

¿COMO FUNCIONA?
O cliente introduce os seus datos persoais na páxina web, que logo lle solicita os datos bancarios (por exemplo, o número de tarxeta de crédito). É unha comunicación crítica no proceso xa que, nese momento e con esta información, a TPV conéctase coa entidade financeira da tenda virtual para verificar os datos facilitados polo cliente e proceder a validar os datos do pago.É neste momento cando a entidade financeira intervén para autorizar ou denegar a operación. Ademais, a entidade financeira propietaria da TPV virtual facilita á tenda de comercio electrónico a posibilidade de consultar as operacións autorizadas, e mesmo lle da a capacidade para revocar algunha compra xa autorizada. Pódese dicir que a TPV virtual é onde ten lugar a transacción de pago completa.

SEGURIDADE NO PAGO
Todas estas comunicacións entre a tenda, o cliente e a entidade financeira realízanse baixo o que se chama  servidor seguro , que é un ordenador certificado por unha entidade de verificación e que emprega un protocolo especial, que pode ser o chamado SSL (Secure Sockets Layer) ou o SET (Secure Electronic Transaction). Estos protocolos garanten a confidencialidade dos datos e a seguridade nas transaccións.

¿COMO SE INSTALA?
Incluír na nosa web a pasarela de pagos [?] é un proceso relativamente sinxelo, pero que require pequenas modificacións para que a TPV virtual poda conectarse coa entidade financeira de forma segura. Para conectar a TPV virtual ou pasarela de pagos [?] coa nosa web é necesario primeiro contratar este servicio cunha entidade financeira.

¿CANTO CUSTA?
As dúas principais caixas de aforros galegas, CaixaGalicia e Caixanova, ofrecen este servicio para o cobro e pagos en Internet con tarxeta de crédito/débito. Este sistema liquida e ingresa de xeito automático as vendas realizadas. No caso de CaixaGalicia, o servicio non ten custo de instalación ou mantemento. O único custo é o desconto comercial que se aplica a cada operación realizada pola TPV virtual, e que oscila entre o 1,9% e 3,5%, segundo a actividade do comercio. Para contratar a TPV só é necesario ter conta aberta en CaixaGalicia e firmar un contrato de TPV virtual. No tocante a Caixanova, o único custo para o comercio é a comisión correspondente a cada venda realizada a través da TPV Virtual, calculada en base a unha estructura de custos semellante á aplicada nas vendas por TPV física. Os bancos e outras entidades financeiras tamén facilitan o servicio de pasarela de pagos [?]. Nos vindeiros números trataremos de xeito máis extenso este servicio bancario.

A pasarela de pagos
A pasarela de pagos

 
Revista


[Anterior :: Galicia na Rede]

[Seguinte :: Comercio-e]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión