Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio07 | FeiraVirtual    


Internet proporciona axuda para combater o fuel

A catástrofe do Prestige espertou a nosa curiosidade e comezamos a investigar entre os postos desta Feira Virtual. A Rede pón á nosa disposición webs de utilidade para intentar controlar a contaminación, para protexernos do fuel e para combater o lixo da maneira máis organizada posible.



Vikoma.com

Esta empresa inglesa que presenta a súa web tamén en ruso, é especialista no deseño, manufactura e suministro de sistemas de control da contaminación, sobre todo a causada polos verquidos de petróleo. Arredor duns 120 países contrataron xa os seus servicios e entre os seus clientes atópanse compañías petroleiras, gobernos, e organizacións que responden ós verquidos. En outubro foi contratada para limpar petróleo das augas do porto de Sydney, en Australia.

www.vikoma.com



Epica.es

En Epica atopamos de todo para a protección individual e a seguridade laboral: lentes, cascos, mascariñas, protección para os oídos, luvas, calzado, cordas, vestiario, sinalización... Ademais, ofrécense EPI's (dispositivos de protección) certificados e de primeiras marcas. Xunto ó coidado deseño desta tenda virtual alacantina, atopamos ofertas especiais, un agasallo co primeiro pedido, un boletín de novas, consellos para elixir os productos, etc. Unha web moi completa tanto en información como en productos.

www.epica.es



Containex.at

Contedores e espacios modulares son os productos estrela da web de Containex, empresa austríaca que vende e aluga on line en España e noutros países europeos a través dos seus distribuidores. Contedores de oficina e para equipos, sanitarios, de almacén, de embalaxe e marítimos, para que ningún lixo quede fóra de lugar. Os usos: dende actos sociais a catástrofes naturais, pasando por axuda humanitaria. A web está dispoñible en seis idiomas.

www.containex.at


 
Revista


[Anterior :: A alta en buscadores]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión