Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio07 | EstudioCaso3    


¿Como funciona a extranet de Frioya?


Acceso á extranet
Acceso á extranet


Os clientes desta empresa viguesa acceden á extranet a través do seguinte enderezo web:

https://clientes.frioya.es

Nun primeiro momento é necesario introducir os datos de acceso do cliente (nome de usuario e contrasinal). Con isto, o sistema garante a privacidade das comunicacións cun sistema tecnolóxico similar ó dos bancos (chamado SSL).



Consulta de albaráns

Unha vez dentro da zona de clientes, as empresas que traballan con Frioya poden acceder a toda a información relevante sobre o estado da súa mercadoría. Por exemplo, poden consultar un histórico con copias dos albaráns de entrada, saída ou traspaso de mercadorías ou mesmo acceder ás facturas. Tamén poden facer todo tipo de consultas sobre os movementos das caixas de peixe conxelado e acceder ó estado das súas existencias. Coa posta en marcha da segunda fase, os clientes de Frioya poderán facer movementos de mercadorías e non só acceder á información relativa a elas.


 
Revista


[Anterior :: Frioya; loxística]

[Seguinte :: Observatorio]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión