Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio07 | Editorial    


Editorial

O informe e-Barómetro 2002 Usuarios (/observatorio/informes) volve deixar ás claras que o emprego de Internet en Galicia aínda non está demasiado extendido nin xeralizado. Só o 17% dos galegos se conecta á Rede dende o seu fogar, cando na Unión Europea o fan unha media do 40%. As cifras son elocuentes e falan por si mesmas. Pero, ¿por que só uns poucos galegos empregan Internet na súa casa? Segundo a enquisa que publicamos neste número de e-negociogalicia, existen sobre todo dúas razóns: o 31,8 % dos galegos enquisados din que non o precisan e o 25,7% aseguran que Internet ten un custo demasiado alto. Estas respostas son esclarecedoras: un de cada catro galegos asegura que non se conecta á Rede porque lle supón un esforzo económico moi grande. Os prezos de conexión semellan aínda demasiado elevados para que os seus petos os podan asumir. Ademais, o 31 por cento asegura que non necesita Internet, e unha interpretación razoable podería engadir que moitas destas respostas veñen motivadas polo descoñecemento do medio. Internet aínda non é imprescindible nun fogar, pero si é de grande utilidade para quen coñece as súas posibilidades. Neste senso, un labor divulgativo continuado antóllase necesario.

Nada persoal
Nada persoal

 
Revista


[Seguinte :: A Extranet]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión