Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio07 | EMarketing    


Promocione a súa web: a alta en buscadores (III)

Finalizamos a serie de artigos sobre "A alta en buscadores" con algúns consellos para a alta manual e falando dos programas de rexistro e as empresas especializadas neste servicio.

Para aparecer rexistrado e acadar un bo posto nos buscadores, cómpre especificar ó máximo a información sobre a páxina web cando facemos a alta de xeito manual (ver /revista/enegocio06/). Isto require definir aspectos como a temática, o idioma, as características, información sobre os producto que ofertamos... Por exemplo, será máis fácil aparecer rexistrado nos buscadores se indicamos que a nosa web se adica á venda de caracois da clase  Helix-Aspersa , que se indicamos soamente que vendemos  caracois .

Outro tema a ter en conta para promocionar a nosa páxina web é o esforzo de intercambio de enlaces con outras webs. Convén poñer enlaces noutras páxinas de productos relacionados cos nosos que dirixan tráfico de visitas [?] ata nós. Ademais, algúns buscadores (como Google) teñen en conta a cantidade de enlaces á nosa web á hora de clasificala diante ou detrás de outras páxinas similares. Cantos máis enlaces haxa apuntando cara a nosa web, mellor. Entre os consellos básicos para rexistrar unha web cabe suliñar o esforzo continuo que debe facerse para manter a web nos buscadores. Normalmente, os buscadores actualizan periodicamente a súa base de datos de rexistro de páxinas, co que unha labor continuada de mantemento do rexistro evitará que a nosa web baixe postos nos buscadores a medida que pasa o tempo.

PROGRAMAS DE REXISTRO
Cómpre sinalar que existen programas de rexistro que fan a alta de xeito automático en moitos buscadores. Algúns destes programas pódense conseguir gratis por Internet (www.softonic.com ou www.download.com). Xeralmente, estes programas son válidos para facer o rexistro na meirande parte dos buscadores, aínda que non adoitan a ser efectivos cos máis importantes, nos que é mellor recurrir á alta manual. Por último, existen empresas especializadas na alta en buscadores, que ofrecen os seus servicios en Internet. Estas empresas teñen uns prezos que varían de xeito sustancial e, normalmente, garanten o rexistro nalgúns buscadores importantes, pero nunca en Google (www.google.com).

 
Revista


[Anterior :: Lexislación]

[Seguinte :: Feira Virtual]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión