|
Repaso ó panorama do comercio electrónico
|
|
|
|
|
A mediados de novembro, o petroleiro Prestige provocou unha grande catástrofe ecolóxica en Galicia, con consecuencias non só no eido medioambiental ou social, senon en tódolos ámbitos como a economía e, polo tanto, tamén no comercio electrónico. Neste senso, dous dos portais [?] galegos adicados á comercialización de productos do mar estanse a ver afectados en diferente medida: Lonxanet e World Fish Site. Lonxanet aglutina como provedores a confrarías galegas que tiveron que deixar de mariscar por atoparse nas áreas afectadas. Como consecuencia, o suministro destes productos sufriu un parón, co que Lonxanet se viu obrigado nun primeiro momento, segundo conta Antonio Allut, un dos fundadores do portal [?], a solicitar productos a outras confrarías galegas (Cangas, Cariño, Celeiro ou Vigo).
As previsións de futuro son pouco alentadoras: calcula Allut que as vendas de Lonxanet en decembro veranse reducidas en máis do 50%. Ademais, os prezos dos productos son moi olubles, tendendo maioritariamente á alza. Entre as medidas a tomar, Michael de José, outro dos fundadores de Lonxanet, sinala que pensan "habilitar acordos coas confrarías da cornisa norte: Asturias e Cantabria. Trataríamos así de acadar fontes de suministro complementarias". Nesta catástrofe, os medios de comunicación xogan un papel esencial, segundo di Allut. "As informacións verquidas polos medios son ambiguas e deficientes, moitas baixo unha óptica catastrofista que inspira o temor a mercar na xente, xa que dan a entender que tódolos productos galegos do mar están contaminados, cando hai especies que non se ven afectadas", di Allut. En realidade, segue a existir un mercado mermado, pero que ofrece garantías xa que todo pasa polas lonxas e baixo un estricto control sanitario. Neste senso, Lonxanet asegura que "tódolos productos galegos que Lonxanet comercializa están libres de riscos e pasan os controis sanitarios da Xunta, ademáis dos propios e adicionais da empresa". Pola súa banda, o portal [?] World Fish Site tamén sofre a crisis da marea negra, ainda que en menor medida. Segundo Alejandro Regojo, director de operacións da empresa, "é cedo para chegar a unha conclusión, pero a crise do Prestige, aínda que non afecta á venda de peixe conxelado, si perxudica ó peixe fresco. Ademais, estase canalizando máis o producto por canles tradicionais, co que Internet, coma canle alternativa de negocio, vese perxudicada".
e-MINDER: Pomerania bota a andar o Centro de Competencias polaco
O Cntro de Competencias enComercio Electrónico de Pomerania (Polonia) está a coller corpo como froito do proxecto europeo e-MINDER, e foi inaugurado o 23 de setembro na capital da rexión polaca, Gdansk. Nesta rexión xa están a realizar con éxito o programa de formación en comercio electrónico dirixido a empresas. Ademais, o Centro de Competencias de Pomerania xa puxo en marcha a súa nova páxina web, dende a que ofrece información extratéxica ás empresas da zona sobre o comercio electrónico. As catro áreas do Centro de Competencias (Observatorio, Comunicación, Formación e Soporte) teñen presencia nesta nova web.
www.eminder.pl
Futgol e As, a piques de firmar un acordo de comercialización
A tenda virtual e-futgol.com e o diario deportivo As están a piques de chegar a un acordo de comercialización a través de Internet. e-futgol.com é a versión en Rede dunha cadea física de tendas deportivas, orixinaria de Vigo, que conta xa con cinco establecementos en Galicia. A tenda virtual está a ter bastante éxito gracias a súa constante readaptación do proxecto ás caracterísiticas da Rede, baseándose sobre todo nunha boa estratexia de alianzas con outras páxinas de Internet, o que lle permite "multiplicar" os seus puntos de venta electrónicos. O posible acordo coa versión dixital do diario As, que conta cunha páxina visitada diariamente por milleiros de persoas, sería un paso máis no crecemento de Futgol na Rede.
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|