Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio05 | Observatorio_II    


A PEME galega, tralo rastro da europea (II)

Comparativa da situación da PEME galega e a PEME europea ante o panorama do comercio electrónico e as novas tecnoloxías

Beneficios da venda e empresas con web

Como xa mencionamos na primeira parte do Informe e-Barómetro 2002 Empresas (/observatorio/informes/eBarometro2002_I), arredor dun 36,9% das empresas galegas dispoñen na actualidade de páxina web. Neste senso, do total de empresas da nosa comunidade, unha cifra moi pequena, só o 6,4%, realizan B2B ( Business to Business  ou negocio entre empresas). En canto a Europa, unha porcentaxe moito maior das PEMES teñen sitio web, arredor do 60%*, mentres que o 18% ofertan productos e/ou servicios (B2B) a través de Internet. Dentro das empresas que realizan comercio electrónico, o 11,2% das PEMES provedoras galegas consideran que o principal beneficio desta canle de venda é a posibilidade de chegar a novos clientes ou provedores, opinión coa que concordan o 14% das empresas provedoras europeas. Pero só o 6% das empresas clientes galegas o ven así. Outra das utilidades máis valoradas para o 8% das empresas provedoras galegas e para o 9% das europeas é a reducción de custos. Prantexada a mesma cuestión ás empresas galegas que mercan a través da Rede (clientes), este beneficio só é relevante para o 5%, pero tamén para o 13% das europeas. Esta diferencia pode deberse ós diferentes hábitos de compra electrónica que hai en Galicia e en Europa.

¿A súa empresa ten servicio B2B ou pensa incorporarse nos próximos 6 meses a proxectos deste tipo?
¿A súa empresa ten servicio B2B ou pensa incorporarse nos próximos 6 meses a proxectos deste tipo?

Empresas con páxina web
Empresas con páxina web

A falla de confianza e a seguridade, barreira para as PEMES galegas

A principal dificultade coa que se atopa o comercio electrónico para o 51,3% das empresas galegas é a falla de confianza en canto á seguridade e a incertidume de pagamentos, inconvinte tamén para o 37% das PEMES europeas. Pola súa banda, o 40% das empresas europeas consideran como principal obstáculo a ausencia dunha lexislación clara en transaccións electrónicas, unha barreira importante para o 39% das empresas galegas. Un dato significativo é que arredor do 30,5% das empresas provedoras e clientes europeas cren que os problemas loxísticos son un impedimento ó desenvolvemento do comercio electrónico*, mentres que en Galicia só o ven como unha traba aproximadamente o 12,4% das PEMES.

O feito de que os empresarios galegos non vexan na loxística un problema importante para o despegue do comercio electrónico no noso país amósanos a pouca práctica que aínda hai nesta nova canle de negocio. As nosas PEMES non detectan as barreiras obxectivamente máis grandes. Sen embargo, a incipiente tradición na compra-venda electrónica que posúen as PEMES europeas amósalles que a inseguridade nos pagos non é algo tan preocupante como a cuestión loxística.

Ademais, a ausencia de lexislación é algo que preocupa á UE, polo que está traballando para pechar os vacíos legais existentes. No caso de España, faltan por ver os resultados que dará a aplicación da recén estreada LSSI. Podemos concluír que o crecemento do comercio electrónico en Galicia é unha variable dependente do uso das novas tecnoloxías. Canta menos conciencia haxa en canto ó uso de TIC, menos comercio electrónico se fará. A nosa comunidade dispón de medios suficientes para desenvolver esta canle de negocio, mais non existe a concienciación suficiente entre o empresariado. Falta información xeral que impulse o comercio electrónico.

*A comparación das principais métricas coa UE é posible, mais habería que estimar outras debido á heteroxeneidade coa que se abordan as enquisas.


Barreiras percibidas no comercio-e
Barreiras percibidas no comercio-e

 
Revista


[Anterior::Observatorio(I)]

[Seguinte::Lexislación]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión