Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio05 | Observatorio_I    


A PEME galega, tralo rastro da europea (I)

Comparativa da situación da PEME galega e a PEME europea ante o panorama do comercio electrónico e as novas tecnoloxías


A comparación da empresa galega coa europea no tocante ó emprego de Internet e o comercio electrónico amosa un importante desequilibrio. As conclusións extraídas de contrapoñer o e-Barómetro co informe ecommerce in Europe do Eurostat reflicten a pouca práctica que temos aínda neste eido.

No número anterior de e-negociogalicia publicábamos os datos que comparaban a Galicia do 2000 coa do 2002. Nesta reportaxe, os datos que achega o Informe e-Barómetro 2002 Empresas que realizou o Equipo de Investigacións Políticas e Sociolóxicas da USC para o Observatorio do Centro de Competencias compáranse co informe  e-commerce in Europe  do Eurostat (Comisión Europea). Estes datos pódense consultar na web do Centro de Competencias:

www.e-negociogalicia.com


Ficha Técnica
Ficha Técnica

Máis PC's en Galicia, pero sen conexión

O 95,6% das PEMES galegas posúen PC, unha cifra superior á media da UE, onde o 92% das empresas teñen ordenadores. Esta é unha cifra pouco representativa, debido a que é o resultado da media de tódolos países e existe un grande escalón entre os países máis desenvolvidos e os menos desenvolvidos de Europa. Sen embargo, o panorama xeral amosa que as PEMES galegas, a pesares de dispoñer de ordenador, non o utilizan sempre para conectarse a Internet, senón que sobre todo para outros usos (contabilidade, etc.). A distancia entre Galicia e Europa neste aspecto é visible: mentres que en Galicia teñen acceso a Internet case o 83% das empresas, en Europa téñeno o 94%.

Penetración de PCs
Penetración de PCs

Empresas con acceso a Internet
Empresas con acceso a Internet

O método de acceso a Internet

Existen diversas variables que determinan a elección dun ou doutro método de conexión. A conexión por módem [?] en Galicia e Europa é equiparable. En Galicia fano o 26,4% das empresas, e en Europa o 27%. Pero as cousas cambian ó falar doutros métodos. No caso do RDSI [?], en Galicia emprégano o 28,9% das empresas, mentres que en Europa elíxeno o 46%. Para entender esta diferencia cómpre explicar que os países europeos máis ricos decantáronse nun principio polo polo RDSI [?] debido a maior calidade de acceso e rapidez. Logo, cando chegou o ADSL [?], o RDSI [?] xa tiña os prezos implantados, e as empresas, satisfeitas, non cambiaron. En España o RDSI [?] era máis caro que en Europa e, axudado pola calidade, o ancho de banda e a tarifa plana, o ADSL [?] entrou con forza e desprazou ó RDSI [?]. Ademais, os europeos utilizan máis redes privadas alugadas a grandes operadoras de telecomunicacións e conéctanse máis por GPRS [?] (GSM avanzado) que os galegos, isto é, o 1,1% das PEMES galegas utilizan redes privadas alugadas fronte a un 7% das europeas, a mesma cifra de empresas que usan o GSM en Europa. As redes alugadas son un bo método de conexión para conglomerados multinacionais e axudan a crear unha rede corporativa virtual.

Por último, en Galicia tan só un 0,4% das empresas navegan a través do seu móbil, un método aínda caro de máis para a nosa comunidade.


Métodos de Conexión a Internet das PEMES
Métodos de Conexión a Internet das PEMES

 
Revista


[Anterior::Futbol(II)]

[Seguinte::Observatorio(II)]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión