Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio05 | Novas    


Panorama do comercio electrónico


José Antonio Montes:  Director Técnico
José Antonio Montes: Director Técnico

Tras dous anos na Rede, FlorVertical comeza a internacionalizar o seu negocio

O portal [?] florvertical.com, pertencente á compañía de capital 100% galego Flor Verticalia S.L., cumpriu hai pouco dous anos de funcionamento. Naceu en xullo do 2000 co obxectivo de converterse a medio prazo nun punto de encontro dos profesionais e afeccionados ó sector da flor. Dous anos despois, os datos proporcionados polos responsables do portal [?] indican que o obxectivo pode cumprirse. A xullo do 2002, o volume de vendas era superior os 250.000 euros (impostos non incluídos), sendo a facturación estimada para todo o ano de medio millón de euros.

Conta con 600 empresas de pago nos seus directorios e durante o 2002 recibiu unha media de 294.000 visitas [?] ó mes (no último ano), cun pico de 391.111 en abril. Agora existe unha versión en inglés, na cal se reciben o 12% das visitas [?] da páxina. Ademais, está en proxecto implantarse en breve en Europa. Os mercados holandés, portugués e francés son os obxectivos do ano 2003, sendo o Reino Unido e Alemaña os obxectivos do 2004.

www.florvertical.com


Lonxanet amplía o seu capital en 360.000 euros e apúntase ó B2C

A lonxa virtual Lonxanet (ver /revista/enegocio02/) vén de ampliar o seu capital con preto de 360.000 euros. Inicialmente, esta empresa contaba cun capital social de 550.000 euros. Este incremento no capital social permitirá a Lonxanet abordar melloras no seu proxecto. Neste senso, a lonxa virtual que tan bos resultados está atopando na venda de marisco e peixe a restaurantes, pretende ampliar agora a súa liña de negocio ó B2C (negocio con particulares). Nesta empresa de distribución de marisco e peixe toman parte varias confrarías galegas, entre as que está a de Cedeira, Lira, Porto do Son, Muxía, A Coruña e Cangas.

www.lonxanet.com


On CaixaGalicia
On CaixaGalicia

A oficina virtual de CaixaGalicia: On CaixaGalicia

On CaixaGalicia é a oficina virtual desta entidade financeira, que aposta pola Rede como canle de negocio e pola que ofrece ós seus clientes novas, servicios e productos.

A través da súa oficina virtual, está dispoñible un amplo catálogo de productos que soamente se poden contratar vía web. Así, os clientes de CaixaGalicia poden acceder a productos como préstamos hipotecarios ou depósitos bancarios. A entidade galega facilita ós seus clientes a tarxeta Caixa Activa para poder operar a través de Internet ou do teléfono con seguridade. On CaixaGalicia está a recibir grande número de solicitudes de transaccións na Rede e reafirma a esta entidade como unha das caixas de aforros que máis forte apostan pola Rede en España.

www.caixagalicia.es


buscador.vieiros.com
buscador.vieiros.com

Buscador Galego

Directorio dos recursos galegos na Rede, que inclúe as webs escritas en galego, as iniciativas galegas, ou as que tratan temas relacionados co noso país. Os enderezos web incluídos agrúpanse en catorce categorías, ademais de dispoñer dunha sección coas últimas webs publicadas e un ranking das cen máis importantes.

buscador.vieiros.com


www.axesor.es
www.axesor.es

Información empresarial

Axesor subministra información empresarial on line, atende as demandas de información mercantil, de tramitación de documentos e de suministro de bases de datos de marketing que formulan os clientes. Trátase dun servicio de información con carácter global. Tamén proporciona información relativa a clientes, provedores ou competidores.

www.axesor.es


www.ayudas.net
www.ayudas.net

Axudas e subvencións

Portal [?] de información e xestión de subvencións pertencente a Econet. A través del pódense identificar as mellores subvencións a fondo perdido, os préstamos subvencionados e os incentivos fiscais que mellor se adapten ó noso perfil de empresa e proxecto. Tamén se poden realizar buscas detalladas empregando cen criterios de busca.

www.ayudas.net


 
Revista


[Anterior::Tenda]

[Seguinte::Feira]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión