|
Continuamos de paseo pola nosa feira virtual... ¿Quere quedar ben cun especialista en cometas, ou o que busca é unha canción única coa que sorprender a alguén especial? Se cadra, o único que precisa alugar un sanitario portátil para a súa festa de campo...
|
amor.euroritmo.com
Dicir algo cunha canción: isto é o que ofrece ós internautas o servicio de amor.euroritmo.com. Os músicos que traballan nesta web aceptan encargos de composicións inéditas para mandar mensaxes amorosas, de aniversario ou de agradecemento, algo novidoso no panorama da Internet en España. Introducindo o título da canción e a descrición do que queremos comunicar (ou, se estamos inspirados, a letra da nosa canción) en menos dunha semana podemos escoitar un tema persoalizado ó económico prezo de 30 euros.
amor.euroritmo.com
|
|
poly-klyn.com
Poly-klyn, é unha empresa afincada en Barcelona que dende 1994 se adica ó negocio dos sanitarios portátiles. Dende a súa web, alugamos o servicio completo que precisemos: vehículos 4x4, plataformas con grúa, furgonetas con equipos de limpeza, vehículos de 6 rodas..., ademais de dispoñer de operarios "capacitados para resolver calquera imprevisto". Poly-klyn encárgase do transporte, mantemento e reparacións dos seus urinarios. No seu completo catálogo detállanse as propiedades de cada producto. Os clientes de Poly-klyn son organismos oficiais, constructoras e empresas organizadoras de eventos.
www.poly-klyn.com
|
|
velaivai.com
Velaivai é a tenda virtual coruñesa para os especialistas da cometa deportiva. A través do seu correo electrónico, os amantes desta arte poden encargar e mercar cometas acrobáticas, de flysurf, de tracción, ademais dos complementos necesarios para que as súas cometas voen máis alto que ningunha. Entre outras seccións, dispón dun taller para reparacións que garante o uso de materiais de primeira calidade e un apartado con información sobre cursos especializados para formarse nesta divertida afección.
www.velaivai.com
|
|