|
Situación e perspectivas das empresas galegas ante o mercado electrónico e as TIC A primeira entrega do e-Barómetro que publica o Centro de Competencias en Comercio Electrónico analiza o emprego de Internet e a adopción de procesos de negocio electrónico nas empresas galegas
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia publica unha primeira entrega do informe e-Barómetro sobre as Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) e a situación do comercio electrónico na nosa comunidade.
Os resultados que se publican neste número de e-negociogalicia corresponden ó estudio relativo a empresas realizado polo Equipo de Investigacións Políticas e Sociolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela. O informe e-Barómetro ten por obxecto chegar a un coñecemento fiable no tocante a implantación das novas tecnoloxías e ás dinámicas de comercio electrónico nas empresas galegas, o seu estado en canto a infraestructuras e á incidencia que as TIC están exercendo na súa dinámica laboral.
A USC, autora do informe Para realizar este informe, o Equipo de Investigacións Políticas e Sociolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) realizou durante o mes de xuño deste ano 557 entrevistas a empresas galegas, o que da idea do alto grao de fiabilidade destes resultados. O Equipo da USC fixo as enquisas empregando un sistema C.A.T.I. (enquisa telefónica asistida por ordenador).
A partir da diagnose da situación no tocante á implantación e emprego das TIC que se pode extraer deste informe, o Centro de Competencias en Comercio Electrónico pode axustar as súas accións e servicios ás necesidades reais das empresas e da sociedade galega en xeral.
Nos vindeiros números desta revista e na nosa web (www.e-negociogalicia.com) incorporaranse máis datos do estudio do Equipo de Investigacións Políticas e Sociolóxicas da USC.
|