|
Cada vez máis, moitos turistas que escollen Galicia como destino consultan Internet para planificar e mercar as súas viaxes, estancias e vacacións. As empresas de turismo galego sábeno e desenvolven canles de negocio cos que atender esta demanda. Os resultados son xa claramente alentadores e amosan a Rede como unha das principais canles de entrada de turistas, pero as expectativas cara o futuro falan aínda de máis crecemento.
O turismo é un dos sectores, xunto ás librerias, as tendas de música e a informática, que máis solicitan os usuarios da Rede. Segundo datos da Secretaría de Estado de Comercio e Turismo, o turismo supón o 18% das vendas realizadas en Europa a través de Internet e o 36% a nivel global. As previsións din que dentro de catro ou cinco anos o 25% do comercio turístico se desenvolverá a través desta nova canle de negocio, polo que moitas das empresas do sector deberán ter en conta a Rede para non quedar fóra de xogo. O Informe sobre a afluencia turística a Galicia no ano 2001, realizado por Turgalicia (www.turgalicia.es) -empresa con maioría de capital público dependente da Xunta que promove o turismo en Galicia-, amosa que o 49,9% dos turistas entrevistados declarou ser usuario de Internet e o 13,5% coñecer a páxina web de Turgalicia.
“O 80% DOS CLIENTES CHÉGANNOS POLA WEB”
O caso do turismo rural é clave para comprender o que supón a Rede á hora de contratar productos e servicios turísticos. A pesar de non ter a tecnoloxía da súa parte - dificultades nas liñas fan que moitas casas e pazos non poidan conectarse axeitadamente á Rede, recibir un fax ou pagar con tarxeta de crédito -, Internet é un dos medios principais de entrada de turistas de fóra de Galicia, sobre todo, no turismo rural. Neste senso, é paradigmático o caso da asociación Pazos de Galicia: entre o 70 e o 80 por cento dos clientes chegan a través de Internet. Silvia Acosta, xerente de Pazos de Galicia (www.pazosdegalicia.com), comenta que “polo de agora, a penas hai eservas directas. Internet funciona máis ben como unha central de consulta”, xa que “é omplicado para un pazo poñer a súa dispoñibilidade de habitacións na Rede, a diferencia, or exemplo, dun aloxamento hoteleiro”. Moitos pazos facilítanlle ós clientes que se comunican vía e-mail o seu número de conta a fin de que o cliente ingrese o 40% do pago da reserva.
Internet tamén lle trae á Asociación Agarimo (www.agarimo.com) presidida por Ventura García Fabián, arredor un 40% da súa clientela, ben sexa a través de reservas ou simplemente solicitando nformación por medio d correo electrónico. O e-mail é nha útil ferramenta para a sociación, que o utiliza para facer marketing e confirmar as reservas dos clientes que faciliten o seu enderezo electrónico. A xerente de Pazos de Galicia, Silvia Acosta, fai fincapé en que o tipo de turista “rural” é diferente, pertence a unha clase social máis alta e concienciada, o que pode ser unha causa do maior uso de Internet. Ademais, do total dos clientes, “o 25% son estranxeiros”. Agarimo fixo, no que vai de ano, unhas seis reservas directas a través da Rede (isto é, con pago incluído), a maioría delas provintes de Madrid e Francia. Esta asociación comprende corenta casas rurais das cinco comarcas do sur de Pontevedra, pero só nunha delas (a Casa da Urcela, en Ponteareas, a través de Turgalicia), se pode pagar a reserva a través da Rede. “Ter unha web permite promocionar todos os servicios das casas que ofrecemos”, opina Ventura. Sen embargo, existen algúns freos que dificultan o uso pleno da Rede no noso país. Segundo di o presidente de Agarimo, ademais da mala conexión, que se acentúa nas zonas máis rurais, a desconfianza a facilitar os datos é o principal obstáculo para a venda on line. Equiparable a este obstáculo, “no noso caso”, explica Ventura, “está a complicación da reserva cando se oferta por e-mail. Como é en tempo real, requeriría ter unha conexión permanente á Rede, o que ten un custo adicional, e a maioría das casas fan a reserva manualmente”. Aparte desta dispoñibilidade requerida, o presidente de Agarimo cre que a formación dos seus propietarios é a chave para dinamizar o comercio electrónico no turismo rural.
|