Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio04 | SpamLssiLopd    


Lexislación: O correo publicitario non solicitado

Víctor Salgado Seguín - Pintos & Salgado Abogados
vsalgado@pintos-salgado.com - www.pintos-salgado.com

Non hai dúbida de que o SPAM (ou correo electrónico de publicidade non solicitada) é un  os maiores problemas da Rede ultimamente. Segundo publicou a revista “Código Cero”, calcúlase que estas mensaxes son xa o 36% do total de e-mails en Internet, cun incremento anual do 8%.

Para atallar este problema dende un punto de vista legal, a nova Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servicios da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI) prohíbe expresamente esta práctica no artigo 21. Dita norma, que entra en vigor o 12 de outubro, dispón que non se poderán enviar comunicacións comerciais por correo electrónico ou medio equivalente a destinatarios que non o solicitaran ou autorizaran expresa e previamente.

O incumprimento desta prohibición contémplase como unha infracción leve ou grave, se hai habitualidade (máis de tres envíos nun ano), con sancións de ata 30.000 ou 150.000 euros, respectivamente.

Por outra banda, a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) impón a obriga de solicitar o consentimento do destinatario para incluír o seu enderezo de e-mail no ficheiro de publicidade da empresa. Esta norma, pola súa banda, cataloga como infracción grave o seu incumprimento con sanción de ata 300.000 euros.

¿E como debe cumplir esta lexislación o empresario español para evitar ser sancionado? O noso consello é que se dirixa, un por un, a todos os destinatarios de correos electrónicos publicitarios que figuren na súa base de datos e solicite o seu consentimento expreso para poder seguir enviándolles comunicacións comerciais por este medio e que non inclúa ningún outro novo destinatario sen ter cumprido este requisito  Isto só é aplicable se ditos destinatarios non o solicitaron ou autorizaron expresamente no pasado.

É importante destacar que só se cumpre a normativa se obtemos unha "resposta expresa" dos destinatarios autorizando o envío, isto é, por exemplo, que nos envíen un e-mail de volta manifestando a súa conformidade. Tanto os destinatarios que se neguen como os que non contesten deben ser eliminados sen dilación da base de datos de publicidade e non se lles poderá dirixir ningún correo electrónico deste tipo no futuro. Isto, sen dúbida, diminuirá significativamente o número de destinatarios da nosa publicidade pero, pola contra, aumentará a súa calidade e evitaranos posibles sancións no futuro.

 
Revista


[Anterior - Faceta Comercial do correo-e]

[Seguinte - Tenda Virtual II]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión