|
En Internet atopamos de todo, como na vida mesma. Dende e-negociogalicia abrimos este mes unha nova sección: a feira virtual, un caixón de sastre a onde van a parar as propostas máis imaxinativas e diversas dos feirantes que apostan por vender na aldea máis global.
www.cuentosamedida.com
Un equipo de escritores e debuxantes cataláns artellaron este negocio de contos “a medida” que ten como lema: "convirta ós nenos e persoas que máis queira nos protagonistas dun conto maravilloso". Esta web ofrece un escaparate de contos adaptables de xeito que pode regalar un conto persoalizado e único, modificando e incluíndo o que o cliente desexe (incluso pode poñer unha foto dixitalizada). Os contos escóllense por idades e por temas, e hai unha sección especial de contos terapéuticos, onde o protagonista da historia - que ten o mesmo problema que o neno realacaba comendo perdices. O prezo: 51 euros o conto encadernado e 10 euros o dixital.
www.funerariadelrecuerdo.com
Esta web guatemalteca ofrece todo tipo de servicios funerarios, ós que o cliente, -en vida, claropode acceder pagando por prazos ou ó contado (¡se os quere utilizar de inmediato!). Os clientes que queiran ser enterrados no Cemiterio Las Flores, poden adquirir un ataúde e escoller unha capela, ademais de usar a cafetería e contar con persoal cualificado para cada paso do proceso fúnebre (atender á familia, levar a carrocería fúnebre, facer os trámites legais necesarios, etc). Dende a web aconsellan "prepararse con tempo" e adquirir, agora que aínda podemos escoller, a nosa cripta e o servicio que asegura o mantemento desta a perpetuidade.
www.fiestafacil.com
Fiestafácil ofrece todos os productos festivos imaxinables para quen teña que organizar calquera tipo de evento (merendas, despedidas de solteiro, festas “elegantes”...). Ten unha sección B2B con ofertas especiais dirixidas a empresas, e toda clase de receitas e consellos para o caso de necesitar un disfraz de última hora ou de ter que preparar unha esta caribeña dun día para outro. Atoparemos, entre outras cousas, platos e vasos coa cara dos nosos personaxes favoritos, piñatas, bolsas de cotillón, sorpresas e velas decorativas.
|