|
e-Marketing: A faceta comercial do correo electrónico
|
|
|
|
|
Amazon é unha das empresas con máis vendas por comercio electrónico do mundo. Principalmente, adícase á distribución de libros, música e videos por Internet. Entre as súas estratexias para promover as vendas está o emprego do correo electrónico, que informa ós seus clientes das novidades e ofertas dos artigos de interese de forma persoalizada. O e-mail inclúe un enlace á sua web, de xeito que, en poucos pasos, o cliente pode dar resposta ó estímulo e mercar o producto. O de Amazon é só un exemplo de como unha empresa pode empregar o correo electrónico como unha poderosa ferramenta de marketing, sustituindo ó tradicionais mailings (en papel).
Sobre este aspecto comercial do e-mail,podemos salientar como características:
- O custo da comunicación non depende da distancia: custa o mesmo un envío local que un internacional. - O custo da comunicación non depende do número de destinatarios, xa que é posible empregar unha única mensaxe con múltiples destinatarios. - O custo non depende da información enviada, xa que se poden xuntar documentos, datos, imaxes, etc. - A información envíase en formato dixital, o que facilita o seu posterior procesamento. - Mellora a capacidade doutros medios, ó permitir interactuar coa mensaxe. - O e-mail marketing permite segmentar ós clientes en función dos seus gustos, adecuando a mensaxe as súas necesidades.
Por outra banda, o e-mail marketing tamén presenta importantes vantaxes fronte a un mailing tradicional:
- Posibilidade de resposta directa mediante un clic de rato. - Acádase o obxectivo sen pasar filtros (secretarias, por exemplo). - Posibilidade de redireccionamento a unha web para ampliar a información. - Obtención dun maior número de respostas. - Maior rapidez nas respostas. - Control dos enderezos erróneos (os correos electrónicos non entregados son devoltos).
Lista de distribucuión e programas de envio:
Para facilitar o envío de e-mailings [?], adóitase a empregar unha lista de distribución de correo, xestionada por un servidor (List Server). Deste modo, cada mensaxe enviada ó servidor será procesada e reenviada a tódolos enderezos de correo que se suscribiron á lista en cuestión. Outra posibilidade é empregar programas de envío masivo de emails.
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|