Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio03 | TendaVirtual    


Como construír unha tenda virtual. A Infraestructura

A globalización económica como proceso transnacional é un fenómeno relativamente recente, e ligado ás tecnoloxías da información e a comunicación. Calquera empresa galega, sexa cal sexa o sector productivo no que se inclúa, ten no emprego das novas tecnoloxías a súa baza máis importante para incorporarse a este proceso, e deste xeito ampliar ou abrir novas expectativas de mercado.

Esquema secuencial de creacción dunha tenda virtual Facerse cun mercado propio a través de Internet pode ser unha tarefa asequible para calquera PEME que busque abrir novos mercados. Unha empresa que empregue novas tecnoloxías ten máis posibilidades de competir con outras empresas. Hai que ter en conta que os grandes grupos levan tempo traballando a través da Rede. Nas seguintes liñas desmiuzaremos o primeiro paso necesario para construír unha tenda virtual, considerando como empresa tipo aquela que parte de cero, que non posúe as tecnoloxías básicas para operar na Rede.


INFRAESTRUCTURA INFORMÁTICA

De partida, é necesario equipar a nosa empresa cunha infraestructura informática. Ter un sistema informático básico (ordenadores, impresoras, escáner, etc.) non só será beneficioso no momento en que o empresario decida crear unha tenda virtual, senón que tamén axilizará as tarefas administrativas e de xestión, e a mesma dinámica cotiá da empresa, o cal pode culminar nun aumento da rendabilidade.

Para crear ese futuro negocio online, o primeiro que a empresa debe aplicar ó seu sistema informático básico é a contratación dunha conexión a Internet que proporcione o maior ancho de banda dispoñible en cada caso concreto (RDSI [?], ADSL [?] ou cable [?]). Existen moitas compañías de telecomunicacións que ofertan a través dos seus operadores servicios de ADSL [?] a partir de 50 euros ó mes, con tarifa plana e un ancho de banda suficiente para que varios PCs naveguen pola Rede.


A REDE DE ÁREA LOCAL E A INTRANET

Para aproveitar o sistema informático da empresa e poder conectalo a Internet, primeiro é convinte adaptar o seu equipamento a un sistema de rede. Algúns dos elementos que se utilizan para crear unha rede de área local (LAN) entre os ordenadores dunha empresa son as tarxetas de rede, o cableado, o concentrador e o enrutador, que podemos atopar nas empresas provedoras de ordenadores e compoñentes informáticos. Ademais os provedores adoitan ofrecer os servicios básicos de conexión a Internet, isto é, configuran os nosos PCs e equipos para que accedan a Internet pola conexión que contratemos co noso operador de telecomunicacións. Se ademais a empresa crea servicio web interno na súa rede de área local posuirá o que se denomina Intranet [?]. Deste xeito, empresa entra na Rede e ten conectados entre os seus PCs.

No que respecta ós provedores informáticos e de conexión a Internet, en breve o Centro de Competencias en Comercio Electrónico porá a disposición dos usuarios unha base de datos dos provedores cos que se pode contactar en Galicia así coma un listado das axudas existentes para financiación de proxectos relacionados co comercio electrónico


VANTAXES INICIAIS DA REDE: O CORREO ELECTRÓNICO

O correo electrónico é unha das ferramentas máis prácticas que ofrece Internet. Permite emitir e/ou recibir todo tipo de información, documentación e consultas, de clientes e provedores, aspecto este que axiliza os trámites. Ademais, pode ter outras aplicacións como o marketing directo, co que se lles comunica ós clientes ofertas, promocións, etc. Para usalo, cómpre ter en conta o previsto na LSSI. É por isto que dispoñer dun servicio (gratuíto ou contratado) de correo electrónico supón unha importante vantaxe para a empresa. En Internet hai moitos portais [?] que ofertan este servicio de balde (cun límite de espacio de almacenamento), pero a mellor opción é contratar o servicio de correo e a creación do dominio da empresa en Internet (omeunome@amiñaempresa.com) ó mesmo operador de telecomunicacións que teñamos ou ás empresas provedoras de servicios de Internet, que posteriormente tamén utilizaremos para construír a nosa web.

Contratar un dominio de Internet hoxe pode saír por uns 30 euros ó ano. Un servicio de correo electrónico, páxina web e mantemento (sobre o que falaremos en próximos números), pode custar arredor de 120 euros anuais. Ter un dominio propio en Internet é importante para dar unha imaxe corporativa da empresa seria e integrada nas novas tecnoloxías. Se a intención é facer comercio electrónico no futuro é importante ter en conta que o provedor poida ofrecer as ferramentas básicas, como a pasarela de pago ou aplicacións para a construcción de tendas virtuais).

Unha vez instaladas a conexión a Internet e un correo electrónico inicial, ferramentas que axilizarán os procesos de búsqueda de información e de comunicación con clientes ou provedores, o único que lle resta facer a ese empresario que parte de cero no uso das novas tecnoloxías é aprender a navegar pola Rede e a usar o correo electrónico. Hoxe en día existen múltiples oportunidades para formarse, como os cursos organizados por asociacións, institucións públicas e privadas ou academias especializadas.

 
Revista


[Anterior - Aspectos de planificación]

[Seguinte - Iniciativas]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión